Os esterois son un subgrupo de esteroides que levan un grupo OH no carbono 3 do anel A IUPAC Gold book sterol. Caracterízanse por posuír o ciclopentanoperhidrofenantreno, o cal é un núcleo policíclico complexo que pode presentar enlaces dobres (insaturados) e ramificacións. Estas substancias atópanse en abundancia nos organismos vivos, sobre todo en animais e nalgunhas algas vermellas. Son solúbeis nos disolventes orgánicos, e posúen un elevado punto de fusión.

Entre os esterois destacan o colesterol e a vitamina D.miniatura|Núcleo básico dun esterol, co OH no carbono 3.|centro Notas

Véxase tamén Outros artigos Esteroide

Categoría:Esterois Categoría:Esteroides