Barbeitos é un lugar da parroquia de San Xurxo de Sacos, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 77 habitantes (38 homes e 39 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ó ano 2006 cando tiña 103 habitantes.

Neste lugar atópase o muíño de Cura e o muíño do Río, ambos no rego da Veiga.

Tamén está neste lugar o pazo de Bermúdez de Castro. Ten planta cadrada con torre en fachada no medio de dous pisos máis, rematada en almenado e con cornixa de onde saen catro gárgolas, unha en cada esquina. Accédese á casa por un camiño con muro e restos de importante entrada.

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade