Manolito Catrollos (o nome orixinal en español é Manolito Gafotas) é o nome dun libro de Elvira Lindo escrito en 1994, mais converteuse nunha serie de novelas nas que se narra a historia dun cativo e a súa familia, no madrileño barrio de Carabanchel Alto, coa caracterización peculiar dos personaxes españois nun lugar urbano sen moitos luxos.
O certo é que Manolito xa é un personaxe histórico, pois foi levalo a pequenas e grandes pantallas, en versións para todos os públicos.
A tradución ao galego correu por conta de Xosé Antón Palacio Sánchez.
Personaxes Manolito García Moreno: é o protagonista, alegre, simpático e con sentido do humor. Vive coa súa familia en Carabanchel e ten dez anos. O Imbécil: é o irmán máis novo de Manolito. O seu verdadeiro nome é Nicolás García Moreno e ten 4 anos. Sempre anda a chuchar un chupete. Catalina: a nai de Manolito, é famosa polas súas azoutas. É bastante seria e nerviosa. Orellóns: non se sabe o seu verdadeiro nome, mais é o mellor amigo de Manolito, aínda que o acostuma traizoar, polo que tamén lle chama moitas veces porco traidor. Yihad: é o abusón do barrio que se dedica a esnaquizarlle as lentes a Manolito. O avó: é o avó materno de Manolito. Está xubilado e vive na casa da súa filla xunto ao resto da familia, polo que adoita pasar bastante tempo co seu neto. Acostuma vestir de chándal e ten unha especial predilección polos "tintos de verán", que, segundo Manolito, son a súa paixón. É o Travolta de Carabanchel. Manolo: é o pai do protagonista. É camioneiro.
Véxase tamén Outros artigos Manolito Gafotas (serie de televisión) Ligazóns externas Páxina Oficial .
Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego Categoría:Novelas en castelán Categoría:Novelas ambientadas en Madrid Categoría:Obras literarias de 1994