O Río Amarelo, tamén coñecido coma Huang He, é o segundo río máis longo da China, só superado polo río Yangtzé, e o sexto sistema fluvial máis longo da Terra, cunha lonxitude estimada de 5 464 km e unha conca hidrográfica de 795 000 km².Yellow River (Huang He) Delta, China, Asia. Geol.lsu.edu (2000-02-28). Consultado o 4 de febreiro de 2013. Comezando nas montañas Bayan Har, o río flúe xeralmente cara ao leste antes de entrar no longo meandro de Ordos de 1500 km, que corre cara ao nordés en Gansu a través da meseta de Ordos e xira cara ao leste na Mongolia Interior. A continuación, o río vira bruscamente cara ao sur para formar a fronteira entre Shanxi e Shaanxi, xira cara ao leste na súa confluencia co río Wei, e flúe a través da chaira do norte da China antes de desembocar no mar de Bohai. O río recibe o seu nome pola cor amarela das súas augas, que procede da gran cantidade de sedimentos vertidos na auga a medida que o río flúe a través da meseta de Loess.

A conca do río Amarelo foi o berce da antiga civilización chinesa. Segundo a historiografía chinesa tradicional, a dinastía Xia orixinouse nas súas marxes cara ao 2100 a.C.; o texto histórico Shiji de Sima Qian () recolle que os Xia fundáronse despois de que as tribos dos arredores do río Amarelo unísense para combater as frecuentes inundacións da zona. O río proporcionou un solo fértil para a agricultura, pero desde entón desbordouse e cambiou de curso con frecuencia, e unha estimación conta 1.593 inundacións nos 2.540 anos transcorridos entre 595 a.C. e 1946 d.C.Tregear, T. R. (1965) A Geography of China, pp. 218–219. Como tal, o río Amarelo foi considerado unha bendición e unha maldición ao longo da historia, e foi alcumado tanto «o orgullo da China» como «a dor da China».Cheng, Linsun and Brown, Kerry (2009) Berkshire encyclopedia of China, Berkshire, p. 1125

A conca do río Amarelo ten actualmente unha poboación de 120 millóns de habitantes, mentres que máis de 420 millóns de persoas viven nas provincias inmediatas que dependen del como fonte de auga. A conca comprende o 13% da superficie cultivada da China. A zona recibe precipitacións moi desiguais, só o 2% da escorrentía chinesa; o caudal de auga e sedimentos diminuíu cinco veces desde a década de 1970 e, ata hai pouco, o río con frecuencia non chegaba ao mar. Desde 2003, China traballa no Proxecto de Transferencia de Auga Sur-Norte para aliviar a presión sobre a subministración de auga do río.

É de grande importancia para a economía chinesa pois o seu val ten terras fértiles, bos pastos e importantes xacementos minerais.

Foi nese río onde a civilización chinesa comezou. miniatura|250px|Curso alto do Río Amarelo

Etimoloxía A primeira literatura chinesa refírese ao río Amarelo simplemente como 河 (en chinés antigo: *C.gˤajBaxter, Wm. H. & Sagart, Laurent. Baxter–Sagart Old Chinese Reconstruction, p. 41. 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.), unha personaxe que chegou a significar simplemente «río» no uso moderno. A primeira aparición do nome 黄河 (en chinés antigo: *N-kʷˤaŋ C.gˤaj; chinés medio: Hwang Ha) atópase no Libro de Han escrito durante a dinastía Han Occidental (206 a. C. - 9 d. C.). O adexectivo "amarelo" describe a cor perenne da auga turbia no curso inferior do río, que é debido ao loess que leva augas abaixo. Outra historia conta que o dragón K'au-fu intentou atravesar o ceo montado nun dos dez soles, ao mediodía o dragón caeu no primeiro río que viu e bebeu ata a última pinga, quedando só un longo leito de barro amarelo.

Un dos nomes máis antigos en mongol era o de río Negro,Parker, Edward H. China: Her History, Diplomacy, and Commerce, from the Earliest Times to the Present Day, p. 11. Dutton (Nova York), 1917. xa que corre claro antes da súa entrada na meseta de Loes, mais o nome actual do río entre os habitantes de Mongolia Interior é Ȟatan Gol (Хатан гол}}, "río Raíña").Geonames.de . "geonames.de: Huang He ". En Mongolia, chámaselle simplemente Šar Mörön (Шар мөрөн, "río Amarelo").

En Qinghai, o nome tibetano do río é «río do Pavo Real» (; ). Xeoloxía O río Amarelo formouse nalgún momento do Mioceno tardío, Plioceno ou Plistoceno, como consecuencia do levantamento da meseta tibetana.Zhenbo Hu, Baotian Pan, Lianyong Guo, Jef Vandenberghe, Xiaopeng Liu, Junping Wang, Yunlong Fan, Junwei Mao, Hongshan Gao, Xiaofei Hu, Rapid fluvial incision and headward erosion by the Yellow River along the Jinshaan gorge during the past 1.2 Ma as a result of tectonic extension. Quaternary Science Reviews, Volume 133, 2016, Pages 1-14, ISSN 0277-3791, https://doi.org/10.1016/j.quascirev.2015.12.003. Dinámica O río foi durante moito tempo fundamental para o desenvolvemento do norte da China, e os estudosos considérano un dos berces da civilización. As crecidas do río tamén causaron moita destrución, incluídas múltiples inundacións que provocaron a morte de máis dun millón de persoas. Entre as máis mortíferas estiveron as inundacións de 1332–33 ou a inundación de 1344 durante a dinastía Yuan, a inundación de 1887 durante a dinastía Qing que matou entre 900.000 e 2 millóns de persoas, e unha na época da república da China. En 1931 producironse un número masivo de inundacións que matarón entre 1 e 4 millóns de persoas.

A causa das inundacións é a gran cantidade de loess de gran fino arrastrado polo río desde a meseta de Loess, que se deposita continuamente ao longo do fondo da súa canle. A sedimentación fai que se acumulen lentamente presas naturais. Estas presas subacuáticas son impredicibles e xeralmente indetectables. Co tempo, a enorme cantidade de auga necesita atopar un novo camiño cara ao mar, o que a obriga a tomar o camiño de menor resistencia. Cando isto ocorre, desbórdase pola chaira do norte da China, ás veces tomando unha nova canle e alagando a maioría das terras de cultivo, cidades ou pobos que atopa ao seu paso.

A resposta tradicional chinesa de construír diques cada vez máis altos ao longo das ribeiras ás veces tamén contribuía á gravidade das inundacións: Cando a auga traspasaba os diques, xa non podía volver ao leito do río como o faría tras unha crecida normal, xa que o leito do río era ás veces máis alto que a paisaxe circundante. Estes cambios podían facer que a desembocadura do río se desprazase até 480 km, chegando unhas veces ao océano o norte da península de Shandong e outras o sur.Gascoigne, Bamber and Gascoigne, Christina (2003) The Dynasties of China, Perseus Books Group,

Outra fonte histórica de inundacións devastadoras é o colapso do encoro de xeo río arriba na Mongolia Interior, coa conseguinte liberación repentina de grandes cantidades de auga embalsada. No século pasado producíronse 11 grandes inundacións deste tipo, cada unha das cales causou enormes perdas humanas e materiais. Hoxe en día utilízanse explosivos lanzados desde avións para romper os diques de xeo antes de que se volvan perigosos.The Ice Bombers Move Against Mongolia. strategypage.com (29 March 2011)

Antes de que aparecesen as modernas presas na China, o río Amarelo era moi propenso ás inundacións. Nos 2.540 anos transcorridos entre o ano 595 a.C. e o 1946 d.C., calcúlase que o río Amarelo desbordouse 1.593 veces, cambiando o seu curso 26 veces de forma notable e nove de forma grave.Tregear, T. R. (1965) A Geography of China, pp. 218–219. Entre estas inundacións cóntanse algunhas das catástrofes naturais máis mortíferas xamais rexistradas. Antes da xestión moderna de catástrofes, cando se producían inundacións, parte da poboación podía morrer afogada nun primeiro momento e moitos máis sufrían máis tarde pola fame negra e a propagación das enfermidades subseguintes.

Historia miniatura|upright|Os ríos Amarelo e Huai que rodean a Sizhou e o Ming Zuling na edición da Biblioteca Completa dos Catro Tesouros da obra de Pan Jixun Panorámica do mantemento dos ríos. No momento da edición da época Qing, ambos perderonse por completo durante a inundación de 1680. miniatura|upright|O río Amarelo rompe o seu curso, obra de Ma Yuan (1160–1225), Dinastía Song. Durante máis de 3000anos, varias dinastías da historia chinesa construíron os seus capitais na conca do río, convertendo á rexión en “o centro da política, a economía e a cultura do país”. Inicio da Civilización Chinesa Os primeiros chineses probábelmente emigraron do sur, do val do Río Mekong para o norte, establecéndose nas terras fértiles das proximidades do Río Amarelo. Nesta terra irrigada, os antigos chineses cultivaron paínzo, hortalizas e froitas nativas, sobre todo ao longo dos cursos alto e medio do río. No sector baixo do Río Amarelo, cultivábase arroz. Durante o terceiro milenio antes de Cristo, o excedente de produción favoreceu o establecemento de vilas permanentes, como Banpo e Erlitou, e logo a mediados daquel milenio había case que un continuo poboamento ao longo do río, asentando as bases da civilización. Tempos antigos miniatura|upright|Cursos históricos do río Amarelo miniatura|upright|Cursos históricos do río Amarelo Na mitoloxía chinesa, o xigante Kua Fu drenou o río Amarelo e o río Wei para saciar a súa ardente sede mentres perseguía ao Sol.Resumo da historia dada na definición de : Documentos históricos do período de primavera e outonoGernet, Jacques. Le monde chinois, p. 59. Map "4. Major states of the Chunqiu period (Spring and Autumn)". Versión inglesa: e da dinastía Qin"Qin Dynasty Map ". indican que naquela época o río Amarelo fluía considerablemente ao norte do seu curso actual. Estes documentos mostran que despois de que o río pasase Luoyang, fluía ao longo da fronteira entre as provincias de Shanxi e Henan. e continuaba ao longo da fronteira entre Hebei e Shandong antes de desembocar na baía de Bohai, preto da actual Tianjin. Outra desembocadura seguía esencialmente o curso actual.

O río abandonou estes camiños no ano 602 a.C. e desprazouse varios centos de quilómetros cara ao leste. A sabotaxe de diques, canles e encoros e a inundación deliberada de estados rivais converteuse nunha táctica militar habitual durante o período dos Estados Combatentes.Allaby, Michael & Garrat, Richard. Facts on File Dangerous Weather Series: Floods, p. 142. Infobase Pub., 2003. . Accessed 15 October 2011. Como o val do río Amarelo era a principal entrada á zona de Guanzhong e ao estado de Qin desde a chaira do norte da China, o estado Qin fortificou fortemente o paso de Hangu que foi escenario de numerosas batallas e tamén un importante punto de estrangulamento que protexía as capitais han de Chang'an e Luoyang. Unha gran inundación no ano 11 d.C. atribúese á caída da efémera dinastía Xin, e outra inundación no ano 70 d.C. devolveu o río ao norte de Shandong ao seu curso actual. miniatura|upright|O río Amarelo, como se representa nun mapa ilustrado da dinastía Qing (seccións). miniatura|upright|Mapa de principios do século XIX que representa o curso do río Amarelo (en azul na parte superior do mapa).

Época imperial Desde principios do século III, a importancia do paso de Hangu reduciuse e as principais fortificacións e bases militares trasladáronse río arriba, ao paso Tongguan. En 923, Tuan Ning, un xeneral Liang desesperado, volveu romper os diques, inundando uns 2600 km² de terras nun intento fracasado de protexer a capital Liang da dinastía Tang tardía. Unha proposta semellante do enxeñeiro Song Li Chun para inundar as partes baixas do río e protexer así as chairas centrais dos Khitai foi revogada en 1020: o Tratado de Shanyuan entre os dous estados prohibira expresamente aos Song establecer novos fosos ou cambiar o curso do río.Elvin, Mark & Liu Cuirong (eds.) Studies in Environment and History: Sediments of Time: Environment and Society in Chinese History, pp. 554 ff. Cambridge Uni. Press, 1998. ISBN 0-521-56381-X. Consultado o 15-10-2011.