A Organización Anarquista da Rexión Española (OARE) foi unha organización impulsada polos anarquistas colectivistas en Valencia en outubro de 1888, ao non querer secundar o acordo do congreso da Federación de Traballadores da Rexión Española celebrado en Barcelona en maio de 1888, onde os sectores máis sindicalistas crearon a Federación Española de Resistencia ao Capital (FERC), tamén chamada Pacto de Unión e Solidariedade (Pacte d'Unió i Solidaritat).
No congreso fundacional da OARE, foi disolto formalmente a FTRE e rexeitada a FERC, xa que deixaba de lado os principios revolucionarios. Tivo unha oposición frontal dos anarcocomunistas sevillanos, que non querían a transformación da FTRE. Disolveuse no ano 1889.
Notas
Categoría:Anarquismo en España