Millon Wolde, nado en Adís Abeba o 17 de marzo de 1979, é un atleta etíope, campión olímpico dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney.
Traxectoria Con tan só 17 anos participou en 1996 nos Mundiais Júnior de Sidney, onde acabou 6º na proba de 3.000 m valados. Ese ano tamén foi 8º no Campionato do Mundo Júnior de cross-country disputado en Cape Town, Suráfrica.
Nos seguintes Mundiais Júnior, celebrados en 1998 en Annecy, Francia, gañou o ouro nos 5.000 metros. Tamén ese ano se proclamou campión do mundo júnior de cross-country en Marrakech, sobre unha distancia de 8 km.
O seu primeiro grande éxito na categoría sénior foi a medalla de bronce dos 3.000 metros nos Mundiais en pista cuberta de Maebashi 1999. Nos mundiais ao aire libre de Sevilla dese mesmo ano, acabou 8º nos 5.000 m.
O maior éxito da súa carreira deportiva foi a medalla de ouro dos 5.000 metros nos Xogos Olímpicos de Sidney, con só 22 anos. A priori non estaba entre os grandes favoritos, pero beneficiouse dun ritmo de carreira infrecuentemente lento, que lle permitiu chegar cos líderes á derradeira volta. 200 metros antes da meta lanzou o seu ataque definitivo e gañou con 13:35,49, no que sería a final máis lenta dende os Xogos Olímpicos de México. A medalla de prata foi para o alxeriano Ali Saidi-Sief e o bronce para o marroquí Brahim Lahlafi.
Nos Mundiais de Edmonton 2001, gañou a medalla de bronce tralo queniano Richard Limo e o alxerino Ali Saidi-Sief.
Despois non volveu participar en grandes competicións nin a conseguir resultados destacábeis.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil IAAF
Categoría:Atletas olímpicos de Etiopía Categoría:Fondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Nados en Adís Abeba Categoría:Nados en 1979 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Etiopía Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000