Long Beach é unha cidade estadounidense situada no condado dos Ánxeles, no estado de California. No censo do ano 2010 tiña unha poboación de 462 257 habitantes, sendo a 39º cidade mais poboada dos Estados Unidos, a 7º de California e a segunda da área metropolitana dos Ánxeles.
A cidade é sede dun aeroporto nacional e do maior porto marítimo industrial da rexión dos Ánxeles. A serie de televisión M.D. está ambientada nesta cidade, e alí celebrouse unha final da Liga Mundial de Wáter-polo. Na cidade tamén se atopa o Circuíto urbano de Long Beach, que albergou carreiras de Fórmula 1.
Long Beach atópase na esquina sueste do condado dos Ánxeles e limita co condado de Orange. O centro de Long Beach está aproximadamente a 35 quilómetros ao sur do centro dos Ánxeles, aínda que as dúas cidades comparten unha fronteira de varias millas.
Demografía Segundo a Oficina do Censo, no ano 2000 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $37,270, e os ingresos medios por familia eran $40,002. Os homes tiñan uns ingresos medios de $36,807 fronte aos $31,975 para as mulleres. A renda per cápita era de $19,040. Segundo o censo de 2010, arredor do 20,2% da poboación estaba por debaixo do limiar de pobreza.
Cidades irmás Guadalaxara, México Virginia Beach, Estados Unidos Bacolod, Filipinas Calcuta, India Manta, Ecuador Phnom Penh, Camboxa Qingdao, China Sochi, Rusia Valparaíso, Chile Yokkaichi, Xapón Esmirna, Turquía Mombasa, Kenya Carson City, Estados Unidos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de California Categoría:Condado dos Ánxeles