Tito Livio (orixinalmente, en latín, Titus Livius), nado en Padua no 64 ou 59 a. C. e finado no 17 d. C., foi un historiador romano, autor de Ab urbe condita libri (Desde a fundación da Cidade), que relata a historia de Roma desde a fundación tradicional no ano 753 a. C. até a morte de Druso no 9 a. C. En total componse de 142 libros, dos que só se conservan 35. Traxectoria Livio naceu nunha familia rica de provincias e trasladouse de mozo a Roma, estudando nela retórica e filosofía. Tiña ideas conservadoras e republicanas, mais non entrou nunca en política. Adquiriu fama a partir do 27 - 25 a. C., cando encetou a preparación de Ab Urbe Condita, obra na que se ocupou até á súa morte.
Octavio Augusto, a cuxo círculo pertenceu, confioulle a educación do seu neto adoptivo, o futuro emperador Claudio, a pesar das súas ides republicanas. En troques, Livio aceptara a pax augusta e, aínda que el fose partidario de Pompeio, aprobou a enorme reforma emprendida por Augusto. Tivo dous fillos.
Véxase tamén
Categoría:Historiadores da Roma Antiga Categoría:Escritores en lingua latina Categoría:Finados en 17 Categoría:Nados en Padua