Os Zarambeques é unha agrupación galega de gaiteiros que comezou a súa andaina no ano 1994 na Comarca do Ortegal.

Historia O grupo iniciouse no ano 1994 na zona do Ortegal, a partir de membros da Escola de Gaitas de Ortigueira e das Cantareiras de Alende das Pontes. Inicialmente predominaba o son da gaita, ao que, co tempo, se lle sumaría o do acordeón, instrumentos de vento e voz.

No 2007 publicaron o seu primeiro álbum, Son do mare, que foron promover ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira na edición dese ano.

Discografía Álbums *Son do mare(2007)

Véxase tamén Escola de Gaitas de Ortigueira Cantareiras de Alende das Pontes

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de folk galego Categoría:Participantes do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira