A Universidade de Oxford, situada na cidade de Oxford, en Inglaterra, é a máis antiga universidade do mundo anglófono.

A Universidade de Oxford e a Universidade de Cambridge son ás veces referidas colectivamente como "Oxbridge". As dúas universidades manteñen unha longa historia de rivalidade, xa que son as dúas máis antigas e máis coñecidas escolas de Inglaterra.

A Universidade de Oxford é membro do Grupo Russell de entre 19 universidades de investigación intensiva.

Oxford, así como Cambridge e outras, é membro do Grupo Coimbra tamén, unha rede das principais universidades europeas, e do LERU (Liga de Universidades Europeas de Investigación). Tamén forma parte do Europaeum. Historia

Lingua galega A Universidade de Oxford foi a segunda do mundo en contar cun lectorado de galego. O Centro de Estudos Galegos de Oxford está localizado no Queen's College dende a década dos noventa.miniatura|Somerville College|centro Véxase tamén

Outros artigos Oxford University Press

Categoría:Universidade de Oxford Oxford, Universidade de