Monforte de Lemos é unha parroquia, o núcleo urbano e a capital municipal do concello de Monforte de Lemos na provincia de Lugo. Por erro, no Nomenclátor de Galicia de 2003, aparecía dentro da parroquia de Marcelle, aínda que este erro xa se solucionou coa actualización de 2026.

Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 16.100 habitantes, deles 7.634 eran homes e 8.466 eran mulleres, distribuídos en 4 parroquias.

Limita coas parroquias de Seoane e Ribas Altas ao norte, Reigada, Bascós e Caneda ao leste, Santa Mariña do Monte, As Nocedas, Gullade e Piñeira ao sur, e A Vide ao oeste.

centro|400px|miniatura

As parroquias eclesiásticas do núcleo urbano de Monforte de Lemos son: Nosa Señora da Régoa Sagrado Corazón da Estación Santo Antón San Vicente do Pino

Lugares e parroquias Lugares de Monforte de Lemos

Parroquias de Monforte de Lemos

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Monforte de Lemos

Categoría:Parroquias de Monforte de Lemos Categoría:Localidades do Camiño de Inverno Categoría:Parroquias de Galicia sen advocación