Santa María da Cabeza da Vilavella é unha parroquia do concello da Mezquita na comarca de Viana, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2016 tiña 170 habitantes (91 homes e 79 mulleres), nove menos ca en 2007. Situación

A parroquia está atravesada pola estrada N-525 e pola autovía A-52, amais de pola liña ferroviaria Madrid-A Coruña. A Estación da Mezquita-A Vilavella prestou servizo ferroviario até 2013. Por aquí pasa tamén a vía da Prata do Camiño de Santiago. Historia

No Diccionario de Madoz aparece citada como "" (sic), e indícase que entón tiña 300 habitantes. Patrimonio Igrexa de Santa María da Cabeza

Igrexa do Santo Cristo con cruceiro e cruz baixa ao seu carón.

Galería de imaxes

Notas

Lugares da Vilavella

Parroquias da Mezquita

Véxase tamén

Outros artigos Lugares da Mezquita

Categoría:Parroquias da Mezquita Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María da Cabeza