Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 96 habitantes (50 homes e 46 mulleres).
Historia miniatura|dereita|Cabeza de Rubiás. No lugar de Rubiás existe un castro no que se atoparon, entre outros elementos, unha cabeza de guerreiro, exposta no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Cadós na literatura popular Hei de faguer unha ponte/ de peras e de mazás/ pra pasearen os mozos/ de Lubeira a Rubiás Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 88'). Rubiás é lugar da parroquia de San Pedro de Cadós, no concello de Bande. Xaquín Lorenzo engade que non hai río nin regato entre as dúas localidades.. Moreniña, moreniña,/ moreniña de Cadós,/ dame o teu amor, morena,/ xa que cho pido por Dios Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 105. Santiago de Cadós é unha parroquia do concello de Bande.. Santa Comba dá boas mozas,/ hainas en Grou pimpineiras,/ en Lubeira cubizosas/ i en Rubiás camanduleiras Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. San Trocado de Santa Comba é parroquia do concello de Bande; Lubeira enténdese que é a parroquia de San Vicente de Lobeira; Rubiás é lugar da parroquia de Cadós, en Bande; Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios, pero tamén existe unha Santa Cruz de Grou, parroquia de Lobeira, e un San Martiño de Grou, parroquia compartida polos concellos de Lobeira e Lobios.. Vexo Sarreaus, vexo Bande,/ tamén vexo Recarei,/ vexo Calvos, vexo a Granxa,/ terriña onde me eu criei Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 161. Sarreaus, Bande e Recarei son lugares da parroquia de San Pedro de Bande; A Granxa pertence á parroquia de Santiago de Cadós; e Santiago de Calvos é unha parroquia propia, todos eles no concello de Bande..
Lugares e parroquias Lugares de Cadós
Parroquias de Bande
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bande
Categoría:Parroquias de Bande Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior