San Trocado de Santa Comba é unha parroquia do concello de Lobeira, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 62 habitantes, dos cales 27 eran homes e 35 mulleres.

Santa Comba na literatura popular Dos Chaus a Facós/ todo é parola:/ elí está tocando/ o gaiteiro a viola Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72). Chaos é lugar da parroquia de Santa Comba, no concello de Lobeira; Facós é lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, do mesmo concello.. Eu esquirbinche unha carta/ na ala dunha paloma:/ lévalle moitas lembranzas/ ás mozas de Santa Comba Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 81. No orixinal: de unha. Hai unha Santa Comba en Bande e outra en Lobeira. Non sabemos a cal das dúas se referirá a cantiga.. No lugar de Fradalvite/ amores hei de tomar/ ou na entrada ou na saída/ ou no medio de lugar Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: salida. Fradalvite é un lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira, parroquia dividida polo límite de dous concellos (Lobeira e Bande). Non obstante, Xaquín Lorenzo di que é “lugar da parroquia de San Martiño de Grou” (px. 289).. No lugar de Fradalvite/ non entra carro ferrado/ se non o trai Elisiña/ co burriño polo rabo Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: nono.. O lugarciño dos Chaus/ heino de fundir a tiros:/ as balas han de ser ouro/ i as municiós de sospiros Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119. Chaos é lugar da parroquia de San Trocado de Santa Comba, no concello de Lobeira; Xaquín Lorenzo di que tamén pode referirse a un lugar chamado Chaus da Limia, en San Trocado de Santa Comba, parroquia do concello de Bande, pero este segundo non consta no Nomenclátor..

Lugares e parroquias Lugares de Santa Comba

Parroquias de Lobeira

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lobeira

Categoría:Parroquias de Lobeira Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Trocado