miniatura|División comarcal actual de Cataluña As comarcas de Cataluña (en catalán: comarques) son a actual división do territorio da comunidade autónoma de Cataluña, en España.
Ten a súa orixe nun decreto da Generalitat de Cataluña do ano 1936, que tivo vixencia até o 1939 cando foi suprimida polo franquismo. Posteriormente, retomouse en 1987 tras a restauración da democracia, en 1988 engadíronse tres comarcas (Pla de l'Estany, Pla d'Urgell e Alta Ribagorça) e en 1990 modificouse algún límite territorial. En 2015 engadiuse a comarca histórica do Moianès.
Hai 42 comarcas en Cataluña, co seu goberno e administración dirixidos polos consellos comarcais (consells comarcals) agás o Val d'Aran, considerado entidade territorial singular e xestionado polo Consello Xeral de Arán.
Orixes
A división comarcal de Cataluña de 1936 foi unha división territorial administrativa establecida por decreto pola Generalitat de Cataluña o ano 1936 que dividía o territorio en 38 comarcas e 9 supercomarcas ou vigairías (vegueries). A división aprobouse a partir dos estudos feitos polo relatorio creado ad hoc en 1932, formado, entre outros, por Pau Vila, Antoni Rovira i Virgili, Josep Iglésies etc. No ano 1939, ao termo da guerra civil española, foi abolida polo réxime de Franco.
División actual
Foron restablecidas de novo en 1987 a Generalitat adoptou de novo esta división territorial, modificándoa en 1988 para engadir o Pla de l'Estany, o Pla d'Urgell e a Alta Ribagorça, en 1990 para modificar algún límite territorial e de novo en 2015 para engadir o Moianès.
A maioría das comarcas están circunscritas a só unha provincia, coas únicas excepcións de Berguedà, Osona, Selva e Cerdanya. Aínda que en realidade Vall d'Arán non ten status de comarca (e polo tanto consello comarcal; ten en cambio o Conselh Generau d'Aran), inclúese nesta táboa para completar o espazo territorial da comunidade autónoma. A Cataluña do Norte en Francia tamén se adoita dividir xeograficamente en cinco comarcas (que xunto con Fenolleda conforman o departamento francés de Pireneos Orientais), aínda que non teñen carácter oficial.
Comarca Poboación Extensión (km²) Capital Provincias Alt Camp 33.635 544,7 Valls Tarragona Alt Empordà 99.321 1.342,4 Figueres Xirona Alt Penedès 80.976 592,4 Vilafranca del Penedès Barcelona Alt Urgell 19.105 1.446,9 La Seu d'Urgell Lleida Alta Ribagorça 3.477 426,8 El Pont de Suert Lleida Anoia 93.529 866,6 Igualada Barcelona Bages 184.403 1.299,1 Manresa Barcelona Baix Camp 145.675 695,3 Reus Tarragona Baix Ebre 66.369 987,9 Tortosa Tarragona Baix Empordà 102.566 700,5 La Bisbal d'Empordà Xirona Baix Llobregat 692.892 486,5 Sant Feliu de Llobregat Barcelona Baix Penedès 61.256 295,5 El Vendrell Tarragona Barcelonès 2 093 670 143,1 Barcelona Barcelona Berguedà 37.995 1.182,5 Berga Barcelona e Lleida Cerdanya 14.158 546,4 Puigcerdà Lleida e Xirona Conca de Barberà 18.766 648,9 Montblanc Tarragona Garraf 108.194 592,4 Vilanova i la Geltrú Barcelona Garrigues 18.999 799,7 Les Borges Blanques Lleida Garrotxa 47.747 592,4 Olot Xirona Gironès 136.543 575,5 Xirona Xirona Maresme 356.545 396,9 Mataró Barcelona Moianès 12.878 335,2 Moià Barcelona Montsià 57.550 708,7 Amposta Tarragona Noguera 34.744 1.733,0 Balaguer Lleida Osona 154.897 1.260,2 Vic Barcelona e Xirona Pallars Jussà 12.057 1.290,0 Tremp Lleida Pallars Sobirà 6.174 1.355,2 Sort Lleida Pla de l'Estany 24.347 262,7 Banyoles Xirona Pla d'Urgell 29.723 304,5 Mollerussa Lleida Priorat 9.196 496,2 Falset Tarragona Ribera d'Ebre 21.656 825,3 Móra d'Ebre Tarragona Ripollès 25.744 958,7 Ripoll Xirona Segarra 18.497 721,2 Cervera Lleida Segrià 166.090 1.393,7 Lleida Lleida Selva 117.393 995,5 Santa Coloma de Farners Barcelona e Xirona Solsonès 11.466 998,6 Solsona Lleida Tarragonès 181.374 317,1 Tarragona Tarragona Terra Alta 12.196 740,0 Gandesa Tarragona Urgell 31.026 586,2 Tàrrega Lleida Vall d'Aran 7.691 620,5 Vielha - (Lleida) Vallès Occidental 736.682 580,7 Sabadell e Terrassa Barcelona Vallès Oriental 403.623 851 Granollers Barcelona
Propostas e reivindicacións O ano 2000, no Informe Roca, un equipo formado por Miquel Roca i Junyent e Jesús Burgueño, entre outros, propuxeron crear algunha comarca máis: Moianès (capital: Moià), aprobada polo Parlament de Catalunya o 15 de abril de 2015, Vall de Camprodon (capital: Camprodon), Selva Marítima (ou Marina) (capital: Blanes), Alta Segarra (capital: Calaf) e Segre Mitjà (capital: Ponts), ademais de dividir o Baix Llobregat en dous (a parte norte, o Baix Llobregat Nord, con capital en Martorell). Todos os casos son antigas reivindicacións comarcais.
Aínda J. Burgueño, o ano 2003, propuxo de crear tamén o Lluçanès (capital: Prats de Lluçanès), a Vall de Ribes (capital: Ribes de Freser), a Ribera de Sió (capital: Agramunt), a Baixa Segarra (capital: Santa Coloma de Queralt) e o Baix Montseny (capital: Sant Celoni), ademais cambiando os límites de varias comarcas.Burgueño, J. Reflexions i propostes al voltant del sisteme electoral a Catalunya: consells comarcals, diputacions, Parlament i representació a Corts, Scripta Nova.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Mapa das comarcas de Cataluña