Nuno Fernandez de Mirapeixe ou Monio Fernandez de Mirapeixe foi un trobador de principios do século XIII.
Traxectoria Estudosos como Michaëlis ou Tavani atribúenlle orixe catalá, con todo, António Resende de Oliveira sostén que procede da zona de Mirapeixe (situado en Outeiro de Rei) e é irmán dos cabaleiros Garcia Fernandez e Rui Fernandez de Mirapeixe, vasalos do mecenas da lírica galego-portuguesa Rodrigo Gómez de Traba.
Obra Consérvanse dúas cantigas de amor e unha declaración de amor.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Trobadores en galego-portugués Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes