dereita|miniatura|Baía de Baffin, entre Nunavut, Canadá e Groenlandia. A baía de Baffin (francés: Baie de Baffin) é un mar entre os océanos Atlántico e Ártico. Mide uns 1130 km cruzando de norte a sur. Non é navegable a maior parte do ano por mor da presenza de innumerable cantidade de icebergs.

Historia En 1585 o explorador británico John Davis foi o primeiro europeo en entrar á baía. William Baffin fixo cinco viaxes ao océano Ártico e alcanzou a baía de Baffin en 1616. Durante estas viaxes foi probado que o Paso do Noroeste non estaba no área da baía de Hudson.

Situación A baía de Baffin é un brazo de auga do océano Ártico flanqueado pola Illa de Baffin no oeste, Groenlandia no leste, e na Illa de Ellesmere no norte. Conecta ao atlántico por estreito de Davis, e ao Ártico por varias canles estreitas do estreito de Nares. É unha extensión do noroeste do Atlántico Norte e o mar do Labrador. Vida silvestre Preto de 120.000 baleas Beluga viven na baía de Baffin, comendo pequenos peixes e crustáceos. Están en perigo de ser atrapadas no xeo con facilidade e isto representa outro problema de índole ambiental. Véxase tamén

Categoría:Mares do Océano Atlántico Baffin Categoría:Océano Atlántico Categoría:Océano Ártico