2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ao 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da auga e o ano internacional da Matemática do planeta Terra (non é un ano internacional recoñecido pola ONU, conta co apoio da UNESCO).
Foi o ano internacional da Quinua pola FAO e o ano da Serpe segundo o horóscopo chinés, foi o Ano da Fe, segundo a Igrexa católica e o ano de Luigi comezou neste ano segundo Nintendo, acabando en marzo de 2014.
Acontecementos Xaneiro
miniatura|Traxedia da discoteca Kiss deixa 239 mortos no Brasil. 200px|miniatura|Torre executiva PEMEX tras a explosión. 1 de xaneiro Irlanda asume a presidencia semestral da Unión Europea. En Talín (Estonia), o transporte público empeza a ser gratuíto para os seus cidadáns, sendo así, o primeiro estado da Unión Europea en ofrecer esta alternativa. Unha avalancha humana causa polo menos 60 mortos en Costa do Marfil nos festexos de ano novo. Morren 13 guerrilleiros das Forzas Armadas Revolucionarias de Colombia nun bombardeo do exército colombiano cerca da fronteira con Panamá. 2 de xaneiro En Siria, na guerra civil, o exército do goberno bombardea un suburbio en Damasco, deixando máis de 50 mortos. Alejandro García Padilla xuramenta como o décimo gobernador do Estado Libre Asociado de Porto Rico. 5 a 20 de xaneiro - 34ª edición do Rally Dakar que atravesou os países da Arxentina, Chile e o Perú. 7 de xaneiro - En Zürich (Suíza), Lionel Messi gaña o seu cuarto Balón de Ouro sobre Cristiano Ronaldo e Andrés Iniesta, superando así a Johan Cruyff, Marco van Basten e Michel Platini no número de trofeos. 8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda. 9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre. 10 de xaneiro Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto. Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán. 11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda. 15 de xaneiro Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional. Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas. 17 de xaneiro A secretaria de Estado dos Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012. En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar. 21 de xaneiro - A Lúa eclipsa o planeta Xúpiter, fenómeno só visible en Suramérica. 22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.Al menos 25 detenidos en Turquía por protestas contra misiles de la OTAN , en Telesur de Venezuela. 23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.Capriles pidió unidad a la oposición en marcha contra Hugo Chávez , en El Comercio do Perú. 25 de xaneiro Turkmenistán anuncia a súa intención de iniciar o proceso para integrarse na Organización Mundial do Comercio, polo que podería ser o estado 158 en ser membro. Motín na prisión de Uribana en Barquisimeto, Venezuela deixa 63 mortos e resultan feridas máis de 120 persoas. 26 a 28 de xaneiro: I Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea en Santiago de Chile. 26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás. 27 de xaneiro - No centro da cidade de Santa María, Río Grande do Sur, Brasil, un violento incendio deixa 239 mortos e 124 feridos na discoteca Kiss.Tragedia en Brasil: 231 muertos en incendio de una discoteca , en Infobae. 28 de xaneiro - A raíña Beatriz dos Países Baixos anuncia que abdicará o próximo 30 de abril, no seu fillo Guillerme. 31 de xaneiro Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos, 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior. Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.Choque de trenes en Suráfrica deja al menos 200 heridos , en Televisa de México. O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de po duns 800 m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.Alerta en Indonesia por expulsión de humo y polvo del volcán Lokon, en Prensa Latina.
Febreiro 150px|miniatura|Lino Oviedo en 2008. 150px|miniatura|O 28 de febreiro, Bieito XVI convértese en Papa Emérito. miniatura|200px|right|Evento meteorítico en Rusia.
1 de febreiro - Un atentado suicida contra a embaixada dos Estados Unidos de América en Ankara (Turquía) deixa tres vítimas mortais. 2 de febreiro - En Paraguai, o candidato presidencial, Lino Oviedo, falece nun accidente aéreo, cando retornaba da cidade de Concepción á capital, Asunción.En Paraguay, Lino Oviedo muere en accidente de helicóptero, en El Universo de Ecuador.El partido de Lino Oviedo sospecha que el político fue asesinado , en República.com. O Goberno de Federico Franco iniciou unha investigación para esclarecer cales foron exactamente as causas do accidente.Federico Franco comprometido con investigación de la muerte de Lino Oviedo , en UPI de España. 3 de febreiro - Eleccións parlamentarias de Cuba de 2013. 6 de febreiro - Terremoto de 8 graos nas Illas Salomón produce un tsunami que acaba coa vida de trece poboadores da illa. 8 de febreiro Ataques contra xiítas en Iraq deixan polo menos 31 mortos. Seis persoas morren polas inundacións que afectan os distritos de Miraflores, Alto Selva Alegre e Cerro Colorado, na cidade de Arequipa, no Perú.Murieron cuatro personas debido a las torrenciales lluvias en Arequipa , en El Comercio do Perú. Catro persoas morren ao caer unha avioneta na Universidade Nacional de Lomas de Zamora na Arxentina.Avioneta se desploma en universidad argentina; mueren 4 , en Pulso de México. 9 de febreiro Un autobús que trasladaba seguidores do equipo de fútbol O'Higgins de Rancagua desbarranca en Tomé, (Rexión do Biobío), no sur de Chile, deixando 16 falecidos e 20 feridos graves. En Colombia, un terremoto de 7.0 graos, na escala de Richter deixou danos materiais e 37 feridos. 10 de febreiro - Empeza o ano novo chinés, (ano 4711, ano da Serpe). 11 de febreiro Avalancha humana deixa 36 mortos nunha estación de ferrocarril durante a festividade relixiosa do Kumbhamela na India. O papa Bieito XVI anuncia que renunciará ás súas funcións o día 28 do mesmo mes por razóns de saúde. 18 mortos deixa a explosión dunha mina de carbón no norte de Rusia. Dez mortos por accidente aéreo en Liberia. 12 de febreiro - Corea do Norte realizou a proba nuclear máis grande da súa historia, ocasionando un sismo de 5,0 graos Richter. 15 de febreiro - Hai 1491 feridos (112 hospitalizados), a maioría pola onda de choque producida polo estalido que causou a creba de cristais, ventanais e danos materiais en edificios en Cheliabinsk, ao sur dos Urais por impacto de meteorito en Rusia. Horas despois, o asteroide 2012 DA14 pasa a 27.860 quilómetros da Terra, sendo así, o obxecto espacial de maior tamaño que se achegara tanto á Terra. 16 de febreiro - Máis de 75 mortos e 200 feridos nun atentado no oeste de Paquistán. 17 de febreiro - Eleccións lexislativas de Ecuador de 2013. 20 de febreiro Nun val próximo a Quito, capital de Ecuador, inaugúrase oficialmente o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre, que substitúe o Antigo Aeroporto Internacional Mariscal Sucre.Adiós al aeropuerto de Quito entre la nostalgia y el alivio, en ABC de España. O traslado do aeródromo fíxose polos ruídos que afectaban á poboación e pola curta pista de aterraxe que ocasionara 11 accidentes desde que iniciou as súas operacións. O primeiro ministro Boiko Borisov de Bulgaria anuncia a dimisión do seu goberno, tras dez días de intensas protestas populares contra os altos prezos da electricidade. 22 de febreiro - Eleccións lexislativas de Djibuti de 2013. 24 de febreiro 85.ª cerimonia dos Premios Óscar no Teatro Dolby dos Ánxeles (Estados Unidos) O presidente cubano Raúl Castro é ratificado para continuar no poder até o ano 2018. Vitoria de Nikos Anastasiadis nas eleccións presidenciais de Chipre de 2013. LIV Festival Internacional da Canción de Viña del Mar en Chile En Romanía, o presidente do denominado Instituto de Investigación dos Crimes do Comunismo e da Memoria do Exilio Romanés, Andrei Muraru, anunciou que se presentará ao Parlamento Nacional un proxecto de lei para prohibir as organizacións e símbolos comunistas. Esta declaración foi moi cuestionada por, segundo os críticos, unha lei como esa violaría a liberdade de expresión e que se intenta impedir un réxime como o do desaparecido expresidente, Nicolae Ceaușescu, o cal tamén transgrediu os dereitos humanos.Rumanía prepara un nuevo proyecto de ley para prohibir las organizaciones y símbolos comunistas , en laRepública.es. 24 e 25 de febreiro - Eleccións xerais de Italia de 2013. 25 de febreiro - En Colombia realízase un paro cafeteiro, para esixir ao goberno melloras económicas e o subsidio do gran de café. 26 de febreiro - 19 turistas mortos e 3 feridos ao incendiarse un globo aerostático en Luxor (Exipto) 27 de febreiro - Tres mortos e sete feridos por tiroteo na compañía madeireira Kronospan na cidade de Menznau, cerca de Lucerna (Suíza) 28 de febreiro - Renuncia de Bieito XVI, primeiro Sumo Pontífice en deixar o cargo en vida desde Gregorio XII en 1415.
Marzo
170px|miniatura|Uhuru Kenyatta, novo presidente de Kenya. 200px|miniatura|Papa Francisco. Foi electo o 13 de marzo como primeiro Sumo Pontífice latinoamericano. 4 de marzo Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.