A Selección de fútbol de Escocia é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Asociación Escocesa de Fútbol, pertencente á UEFA. A selección escocesa é unha das catro seleccións que compón ao Reino Unido, xunto ás seleccións nacionais de fútbol de Gales, Inglaterra e Irlanda do Norte.

Esta selección é a máis antiga das existentes e a que xogou o primeiro partido internacional de fútbol, o 30 de novembro de 1872, contra o seu veciño inglés. Participou en 8 Copas Mundiais pero nunca pasou da primeira rolda. A súa inchada, a Tartan Army é considerada unha das mellores do mundo, en conxunto cos Roligans de Dinamarca.

Escocia nos Mundiais Resultado Xeral: 26º lugar 1930 a 1938 - Sen participación 1950 - Retiro logo de clasificar 1954 - Primeira fase - 15º lugar 1958 - Primeira fase - 14º lugar 1962 a 1970 - Non clasificou 1974 - Primeira fase - 9º lugar 1978 - Primeira fase - 11º lugar 1982 - Primeira fase - 15º lugar 1986 - Primeira fase - 19º lugar 1990 - Primeira fase - 18º lugar 1994 - Non clasificou 1998 - Primeira fase - 27º lugar 2002 - Non clasificou 2006 - Non clasificou 2010 - Non clasificou 2014 - Non clasificou 2018 - Non clasificou

Eurocopa Resultado Xeral: 16º lugar 1960 - Sen participación 1964 - Sen participación 1968 a 1988 - Non clasificou 1992 - Primeira fase 1996 - Primeira fase 2000 - Non clasificou 2004 - Non clasificou 2008 - Non clasificou 2012 - Non clasificou 2016 - Non clasificou

Véxase tamén Ligazóns externas Asociación Escocesa de Fútbol Arquivo de partidos da RSSSF Arquivo de partidos segundo competición Récords escoceses entre 1872 e 2001

Categoría:Fútbol en Escocia