O zulú (en zulú, isiZulu) é unha lingua africana da familia nguni, que pertence ao grupo bantú, falada pola xente do pobo zulú. Fálana uns 10 millóns de persoas, que nun 95% viven en Suráfrica, onde é un dos 11 idiomas africanos oficiais desde 1994 e fálao o 25% da poboación. Ensínase en zulú na educación primaria e secundaria e tamén se editan libros e revistas.

Distribución xeográfica O zulú fálase nas provincias de KwaZulu-Natal (81% dos habitantes), Mpumalanga (26%) e Gauteng (21%). Tamén se fala noutros países africanos, como Lesotho e Eswatini. As linguas ndebele do norte, falada en Zimbabwe, e swazi e máis a fala nguni de Malawi son moi próximas ao zulú. O xhosa, lingua predominante no Cabo Oriental, e o zulú son mutuamente intelixíbeis.

Normativa En 1859 apareceu a primeira gramática da lingua zulú.

Actualmente a institución encargada de regular a lingua escrita é o Zulu Language Board" (Instituto da Lingua Zulú) de KwaZulu-Natal.

Fonoloxía Ten 7 sons vocálicos: os 5 fonemas simples [a], [e], [i], [o], [u], ademais do e neutro e o o aberto. Dúas semivogais ([w], [j]). Entre as consoantes son característicos os 15 sons aspirados ou nasalizados denominados clics. É unha lingua tonal, o que implica que o significado dunha palabra depende do ton con que se pronuncie.

Algúns aspectos gramaticais A orde da frase é tipo SVO: suxeito + verbo + obxecto (complemento). Morfoloxicamente é unha lingua aglutinante. O substantivo consta de prefixo e radical: hai 15 prefixos diferentes, 13 dos cales se usan actualmente e os outros dous son arcaísmos. O plural expresase cun prefixo, por exemplo: inja "can" – izinja "cans". Verbo: No tempo de presente, os verbos regulares acaban en -a: sebenza "eu traballo". No tempo pasado, o verbo acaba en -e: umlimi ulime izinsimu "O labrador cultiva os campos". O futuro indícase coa partícula zo infixada no verbo: Abafundi bazofunda amabhuku "Os estudantes lerán os libros".

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en zulú Bibliografía Doke, C.M. (1947) Text-book of Zulu grammar. Londres: Longmans, Green e Co. Wilkes, Arnett, Teach Yourself Zulu. ISBN 0-07-143442-9 Nyembezi, C.L.S. (1957) Learn Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0237-1 Nyembezi, C.L.S. (1970) Learn More Zulu. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0278-9 Doke, C.M. (1958) Zulu-English Vocabulary. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 0-85494-009-X Dent, G.R. e Nyembezi, C.L.S. (1959) Compact Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0760-8 Dent, G.R. e Nyembezi, C.L.S. (1969) Scholar's Zulu Dictionary. Pietermaritzburg: Shuter & Shooter. ISBN 0-7960-0718-7 Doke, C.M. (1953) Zulu-English Dictionary''. Johannesburg: Witwatersrand University Press. ISBN 1-86814-160-8

Ligazóns externas Ethnologue Linguas surafricanas -- zulú Sifunda isiZulu! Funda Manje! isiZulu.net Zulu - English Dicionario Online Isolezwe

Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas de Suráfrica