San Pedro de Canaval é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2010 tiña 190 habitantes (90 homes e 100 mulleres), 35 menos ca en 1999.
Topónimo O topónimo galego Canaval fai referencia a un lugar poboado de canas.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 26. Ed. Xerais, Vigo 1992.
Patrimonio Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa de San Pedro, e na Ponte hai un peto de ánimas. Entre a arquitectura civil salienta Vila Consuelo. Nesta parroquia está a estación de Canaval. Lugares e parroquias Lugares de Canaval
Parroquias de Sober
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sober
Categoría:Parroquias de Sober Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía