Oireachtas é o nome en irlandés (aínda que tamén se emprega o nome inglés) do "Parlamento Nacional" da República de Irlanda. Está composto polo Presidente de Irlanda e as dúas cámaras: Dáil Éireann (cámara baixa) e Seanad Éireann (Senado).

É un caso de bicameralismo asimétrico, xa que a Dáil posúe máis atribucións có Senado. A sede de ambas as dúas cámaras atópase nun edificio chamado Leinster House, no centro de Dublín.miniatura|A Leinster House, en Dublín|centro Véxase tamén Outros artigos Dáil Éireann Seanad Éireann

Ligazóns externas Tithe an Oireachtais - Houses of the Oireachtas

Categoría:Política de Irlanda Irlanda