miniatura|right|Varios cultivares de ameixas - Imperial Gage (1), Damson (2), Lombard (3), Maynard (4) e Yellow Egg (5) A ameixeira ou ciroleiraNomes vulgares galegos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991. Dicionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012 (Prunus domestica) é unha árbore froiteira da familia das rosáceas, cultivada polos seus froitos, as ameixas. É unha das froiteiras máis cultivadas nos pomares Pomar é un terreo ou horta plantada de árbores froiteiras, aínda que usualmente se aplique ás maceiras. de Galiza dende a antigüidade.

Agroma en primavera (marzo-abril). As flores son brancas ou rosadas e ovais e o froito é unha drupa. A vida dunha ameixeira varía entre 30 e 50 anos.

Descrición É unha arboriña de altura media, entre 3 e 8 metros até 7(10) m, de folla caediza e inerme con franzas glabrescentes, polo xeral avermelladas e brillantes. As follas, de 4-8(10) por 1,7-3,5(4) cm, son obovadas, elípticas ou ovado-lanceoladas, acuminadas, crenadas ou aserradas, de face glabra, e envés máis ou menos pubescente nos nervios; o pecíolo de 1-2,5 cm, é glabrescente; as estípulas, caedizas, son linear-lanceoladas con dentes glandulíferos. As flores son solitarias ou xeminadas, raramente en fascículos de 3-5 con pedicelos de 8–15 mm, glabros ou pubescentes. O receptáculo ten 4–5 mm e é acopado, glabro ou pubescente. O cáliz ten sépalos de 4–5 mm, reflexos, ovado-oblongos, denticulados, obtusos, glabros ou pubescentes, e os pétalos da corola miden de 8-13(15) mm e son obovados, emarxinados, brancos ou branco-averdados. O ovario é glabro e o froito (a ameixa) é unha drupa monocarpelar de (3)4-5(6) cm, elipsoidal ou algo globosa, glabra, de cor negra azulada, púrpura escura, avermellada, amarela, averdada etc., con pruína; o mesocarpo é comestíbel e de sabor doce; o endocarpo, esclerificado, é ovoide ou elipsoidal, lixeiramente engurrado ou punteado, aquillado e adherido ao mesocarpo.

Cultivo É unha especie froiteira cultivada dende a antigüidade. Hai dous grandes grupos de variedades cultivadas de ameixeiras. As denominadas europeas (Prunus domestica) e as asiáticas (Prunus salicina). Na actualidade son as variedades asiáticas as que máis se cultivan, un dos motivos é a menor necesidade de frío invernal destas variedades polo que se pode cultivar en zonas menos frías e son máis precoces.

Algunhas das variedades europeas son : Claudia, Agen, Fellemberg, Stanley, President etc. Entre as xaponesas : Red Beaut, Santa Rosa, Angeleno, Laroda etc.

Propiedades e usos A polpa é laxante. O óleo da súa semente utilízase coma alimento. Coas ameixas faise un licor semellante ao kirsch moi popular en Hungría. A ameixa é un dos froitos máis apreciados no verán, con eles pódese elaborar confeituras e marmeladas; tamén se poden secar para facer ameixas pasas, moi consumidas nos meses de inverno.

Denominacións galegas A árbore denomínase normalmente ameixeira ou ciroleira, dependendo da zona. Existen algunhas variedades tradicionais:

Fatoeiro, dá os fatóns, normalmente ameixas alongadas e amarelasVocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991.. Claudieira, dá as claudias ou ambruíñas, unha variedade de ameixas doces e verdes. Mirabeleiro, dá os mirabeis, ameixiñas moi doces. Abruñeiro, dá os abruños, ameixas bravas. É en realidade outra especie: Prunus spinosa. Cerolleiro, dá o cerollo, un tipo de abruño de sabor doce.

Taxonomía Prunus domestica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 475, no ano 1753. en Trópicos

Sinonimia Druparia insititia Clairv. Prunus communis Huds. Prunus communis subsp. domestica (L.) Syme in Sm. Prunus communis var. domestica (L.) Huds. Prunus domestica (L.) B.Boivin Prunus domestica subsp. insititia (L.) Fiori & Paol. Prunus domestica L. subsp. domestica L. Prunus domestica subsp. italica var. claudiana Prunus domestica subsp. oeconomica Borkh. ex C.K.Schneid. Prunus domestica L. Prunus domestica var. syriaca (Mirabeleiro) Prunus insititia L. Prunus oeconomica Borkh. Prunus oeconomica var. domestica (L.) Borkh. Prunus sativa subsp. domestica (L.) Rouy & E.G.Camus Prunus sativa Rouy & E.G.Camus in Rouy & Foucaud en PlantList/

Notas

Véxase tamén

Bibliografía CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Ca. nat. México. CONABIO, Cidade de México. Flora of China Editorial Committee. 2003. Fl. China 9: 1–496. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Linares, J. L. 2003 . Listado comentado de los árboles nativos y cultivados en la república de El Salvador. Ceiba 44(2): 105–268.

Outros artigos Abruñeiro Ligazóns externas USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Online Database]. [https://web.archive.org/web/20090120074437/http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?29888]

Categoría:Froiteiras Categoría:Prunus Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753