Avenida do 19 de Febreiro é un lugar da parroquia de Serantes no concello de Ferrol na provincia da Coruña. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 185 habitantes (95 homes e 90 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2007, cando tiña 105 habitantes.

Atravesa Serantes desde a estrada de Covas ata A Malata.

Toponimia

Durante un tempo levou o nome do aviador ferrolán Ramón Franco, mais tras a integración do Concello de Serantes no de Ferrol púxoselle o nome da data do derradeiro pleno dese municipio, celebrado o 19 de febreiro de 1940.

Lugares e parroquias Lugares de Serantes

Parroquias de Ferrol

Notas

Categoría:Lugares de Ferrol Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía