A historia de Italia abrangue a historia de Italia e a dos seus estados predecesores. Herdeira de múltiples culturas antigas como a dos etruscos e latinos, e receptora da colonización grega e cartaxinesa, viu nacer o Imperio Romano, legador dunha gran parte da cultura occidental e un dos maiores da historia. Trala caída do imperio, Italia sufriu unha serie de invasións xermanas alternadas con intentos bizantinos e francos de reconstruír a unidade do Imperio Romano.
Durante a Idade Media Italia converteríase nun mosaico de cidades estado que loitaban entre si para conseguir a hexemonía sobre o resto, con frecuentes intervencións das potencias circundantes e da Igrexa. Nos séculos XV e XVI converteuse no centro cultural de Europa dando orixe ao Renacemento e foi un dos campos nos que se decidiu a supremacía europea do Imperio Español.
Tralo declive da monarquía hispánica, o Imperio Austrohúngaro pasaría a controlar a rexión. Transformada nun campo de batalla durante as guerras revolucionarias, pasaría a loitar pola súa independencia. Entre 1856 e 1870 levou a cabo o Risorgimento logo dunha serie de guerras que implicou enfrontarse ao Imperio Austríaco e os Estados Pontificios. Posteriormente, Italia levaría a cabo políticas imperialistas que a levaron a participar na primeira guerra mundial ao lado do Acordo, á invasión de Etiopía e a participar na segunda guerra mundial como aliado das potencias do Eixe.
Definición de Italia O nome de Italia vén sendo empregado dende antigo para designar á xente do centro do que hoxe chamamos Península Itálica, facendo referencia aos pobos itálicos, falantes das linguas chamadas igualmente. A súa orixe é incerto: Pallotino defende que deriva dun asentamento en Calabria e que foi usado polos gregos como termo xeral para designar aos habitantes de toda a península.Guillotining, M., History of Earlie3st Italy, trans. Ryle, M & Soper, K. En Jerome Lectures, Seventeenth Series, p. 50.
O termo asentouse cando a República Romana unificou toda a península ao conquistar ao resto de tribos contemporáneas. O nome de Italia foi empregado tamén en moedas acuñadas pola coalición de pobos que se levantou contra Roma no século I antes de Cristo con capital en Corfinium que incluía samnitas, umbros, sabinos e outros. Finalmente, o emperador romano Augusto incluíu baixo o nome de Italia toda a península, ao que se rematou engadindo a Galia Cisalpina no 42 a. C., como unidade central do imperio.
Trala caída do Imperio Romano de Occidente, as palabras Italia e italiano pasaron a facer referencia ao conxunto de estados que poboaban o antigo territorio da Italia romana e que compartían unha certa afinidade cultural, destacando especialmente un mesmo conxunto de dialectos do latín que darían orixe ao italiano. Séculos despois, o nacionalismo romántico baseou nesta unidade cultural a súa procura dunha unidade política que desembocaría no moderno estado italiano.
Prehistoria
Cultura de Villanova
Co século VIII chegan dende o norte novos poboadores de distinta orixe que traen consigo unha cultura metalúrxica que domina o ferro. Trátase da Cultura de Villanova así chamada por un dos principais sitios arqueolóxicos. Sábese, ademais, que practicaban a cremación e incineración dos seus mortos, caracterizándose as súas necrópoles por unhas urnas típicas de forma cónica. Falaban as linguas itálicas, de orixe indoeuropea. Asentáronse principalmente ao norte, xunto ao río Po e en Umbría e Emilia, e no centro da península (Etruria e o Lacio). Máis ao sur, aínda que a práctica xeral era a inhumación atopáronse tamén soterramentos desta cultura ata Capua, Campania.
Etruscos
miniatura|150px|Cabeza de guerreiro (Necrópole de Crocifisso do Tufo, Orvieto, Italia)|esquerda Os etruscos foron un enigmático pobo cuxo núcleo histórico foi a Toscana, á cal deron o seu nome (eran chamados Τυρσηνοί (tyrsenoi) ou Τυρρηνοί (tyrrhenoi) polos gregos e tuscii ou etruscii polos romanos; eles denominábanse a si mesmos rasena ou raašna). A súa orixe é incerta: os poucos rexistros que quedan sobre eles semellan indicar que viñeron do Oriente, posiblemente da Asia Menor, o que parece corroborar certos estudos aínda que sen probas definitivas.
Dende a Toscana espalláronse polo sur cara ao Lacio e parte setentrional da Campania, onde bateron coas colonias gregas; cara ao norte da Península Itálica ocuparon a zona ao redor do val do río Po, na actual rexión da Lombardía. Chegaron a ser unha gran potencia naval no Mediterráneo Occidental, o cal permitiulles establecer factorías en Sardeña e Córsega. Con todo, cara ao século V a. C. comezou a deteriorarse fortemente o seu poderío, en gran medida, ao ter que afrontar case ao mesmo tempo as invasións dos celtas e os ataques de gregos e cartaxineses. A súa derrota definitiva, polos romanos, viuse facilitada por tales enfrontamentos e polo feito de que os rasena ou etruscos nunca formaron un estado solidamente unificado senón unha especie de feble confederación de cidades de mediano tamaño. En certo xeito predecesora de Roma e herdeira do mundo helénico, a súa cultura (foron destacados ourives, así como innovadores construtores navais) e técnicas militares superiores fixeron deste pobo o dono do norte e centro da Península Itálica dende o século VIII a. C. ata a chegada de Roma. A tal punto que os primeiros reis de Roma foron etruscos. Cara ao ano 40 a. C., Etruria (nome do país dos etruscos) foi conquistada polos romanos.
Magna Grecia
miniatura|150px|Magna Graecia no 280 a.dC.
A zona sur recibiu principalmente unha forte influencia grega. O descontento coa clase dirixente, o aumento demográfico, a falta de terras e o desexo de crear novas factorías comerciais levou aos antigos gregos a crear numerosas colonias no estranxeiro. A súa proximidade, así como a súa relativa pouca resistencia a este fenómeno, fixo de Italia unha das principais zonas de asentamento gregas, recibindo o nome de Magna Grecia. Varias das principais cidades gregas situáronse na península: Taranto, Síbari, Crotona...
A colonización grega abrangueu tamén os territorios insulares que rodean a península. En Sicilia, os gregos asentáronse na zona norte, cerca do Estreito de Mesina, e na costa oriental, onde cidades como Siracusa tiveron un papel importante no mundo grego. Bateu con todo co imperialismo cartaxinés. As guerras entre gregos e púnicos non tiveron un vencedor, aínda que a illa rematou dividida en dúas esferas de influencia: A zona oriental con Siracusa, Agrigento, Mesina... quedou baixo control grego. A zona occidental con Palermo... quedou baixo control cartaxinés.
Algo semellante aconteceu cos intentos gregos de establecer colonias fronte ao mar Tirreno. Aínda que os comezos en Córsega foron prometedores, a derrota fronte a etruscos e púnicos na batalla de Alalia deixou Córsega e Sardeña en mans cartaxinesas.
Roma Antiga
Fundación de Roma
miniatura|200px|Rómulo e Remo, os lendarios fundadores de Roma, aleitados pola lobaNo 753 a. C. fundouse a beiras do río Tíber clave para a historia: Roma. A súa orixe é incerta: a mitoloxía romana vencella a orixe de Roma e da institución monárquica ao heroe troiano Eneas, quen, fuxindo da destrución da súa cidade, navegou cara ao Mediterráneo occidental ata chegar a Italia tras un longo periplo. Alí, tras casar coa filla do rei dos latinos, pobo do centro de Italia, fundou a cidade de Lavinium. Posteriormente o seu fillo Iulo fundaría Alba Longa, de cuxa familia real descenderían os xemelgos Rómulo e Remo, os fundadores de Roma.
Isto daríalle unha orixe latina, ao que mediante o lendario episodio do rapto das sabinas engadiríanse os seus veciños centroitálicos sabinos. Con todo, outras teorías, baseadas na súa proximidade á Toscana etrusca, a súa posición nas rutas comerciais destes, algunhas hipóteses toponímicas e a orixe dalgúns dos seus primeiros reis semellan indicar unha notable presenza etrusca.
Monarquía romana
A monarquía romana (en latín, Regnum Romanum) foi a primeira forma política de goberno da cidade estado de Roma, dende o momento lendario da súa fundación o 21 de abril do 753 a. C., ata o final da monarquía no 510 a. C., cando o derradeiro rei, Tarquinio o Soberbio, foi expulsado, instaurándose a República Romana.
As orixes da monarquía son imprecisas, aínda que parece claro que foi a primeira forma de goberno da cidade, un dato que parecen confirmar a arqueoloxía e a lingüística. Mitoloxicamente, enraízase na lenda de Rómulo e Remo. De calquera xeito, tras Rómulo e o sabino Numa Pompilio, chegou ao poder Tulio Hostilio, que expandiu o porto de escala na ruta costeira do sal que era Roma á conta dos seus veciños, transformando Roma na máis influente cidade do Lacio.
Despois do reinado de Anco Marcio, ascendeu ao poder unha dinastía de orixe etrusca, os Tarquinios, baixo a que Roma ampliou aínda máis o seu poder na rexión. Con todo, os excesos de Tarquinio o Soberbio que foron orixe de disputas internas, ás que se sumou a coalición de etruscos e latinos ameazados pola cidade, desembocaron na expulsión do rei grazas á intervención de Lucio Xuño Bruto e Lucio Tarquinio Colatino. Roma perdeu a meirande parte do seu poder, ao que se sumou a humillación dun saqueo por celtas liderados por Breno que arrasaron varias cidades italianas.
República Romana
miniatura|300px|Cidade de Roma durante os tempos da república. Gravado de Friedrich Polack 1896
A República Romana (509 a. C. - 27 a. C.) foi a seguinte etapa da Roma Antiga na cal a cidade de Roma e os seus territorios mantiñan un sistema republicano de goberno. En circunstancias históricas pouco claras, a monarquía romana foi abolida o 509 a. C., e substituída pola República.
Unha característica do cambio foi que a administración da cidade e os seus distritos rurais quedou regulada no dereito de apelar ao pobo contra calquera decisión dun maxistrado concernente á vida ou ao estatuto xurídico. A administración executiva quedou dotada de Imperium ou poder omnímodo o cal tiña unha orixe relixiosa que arrincaba do propio deus Xúpiter. Os maxistrados dotados de imperium eran os cónsules, pretores e, eventualmente, os ditadores. Con todo, o imperium só se exercía extra pomoerium, é dicir, fóra das murallas de Roma. En consecuencia, tiña un carácter esencialmente militar. Na cidade nas súas funcións civís, os maxistrados estaban sometidos a limitacións legais e controis mutuos.
Co paso dos anos a cidade foi conquistando aos seus veciños latinos, etruscos e sabinos, aos que agruparía na Liga Latina e recuperando o seu antigo poder no Lacio. A expansión continuou cara ao sur, e aceptando unha petición de protección dos samnitas de Capua fronte aos seus veciños montañosos involucrouse nas guerras samnitas, coas que remataría obtendo Campania. Unha a unha as diversas tribos itálicas foron conquistadas e Roma impuxo un protectorado sobre as colonias gregas do sur, encabezadas por Taranto, que a pesar da campaña do rei Pirro de Epiro remataron baixo o xugo romano.
A petición de socorro dos mamertinos, un grupo de mercenarios que se apropiaron de Mesina, fixo que o avance romano continuase cara Sicilia, onde bateu cos cartaxineses. Tras gañar a primeira guerra púnica, Roma anexionouse a illa, á que axiña seguiron Sardeña e Córsega ante a debilidade de Cartago durante a guerra dos mercenarios. Convertida nunha das principais potencias do Mediterráneo, xunto a Cartago e os reinos helénicos, Roma practicou unha política exterior cada vez máis importante. Datan desa época as guerras ilirias e os primeiros serios choques co Reino de Macedonia e as tribos da Galia e o Adriático.