miniatura|dereita Glen Thomas Jacobs, nado en Torrejón de Ardoz o 26 de abril de 1967, máis coñecido por Kane, é un loitador profesional e actor. Traballa actualmente na World Wrestling Entertainment na súa marca RAW. É medio irmán de Mark Calaway.
Jacobs foi 2 veces Campión Mundial: 1 vez campión da WWE e outra da ECW. Tamén destacan os seus reinados como Campión Hardcore, dous como Campión Intercontinental e 9 como Campión Mundial en Parellas.
Carreira Inicios Jacobs comezou a súa carreira como loitador profesional en 1992. Primeiro foi coñecido como Angus King, ó debutar na zona de Saint Louis. Posteriormente trasladouse ó sur e comezou a loitar como The Christmas Creature e Doomsday, aparecendo na United Stated Wrestling Association. Tamén competiu no Xapón coa promoción Pro Wrestling Fujiwara Gumi baixo o seu nome real.
Smokey Mountain Wrestling Jacobs debutou na SMW utilizando o nome de Unabomb. O 7 de abril de 1995, Unabomb e Al Snow derrotaron a The Rock 'N Roll Express, gañando o Campionato en Parellas da empresa, o primeiro campionato na carreira de Jacobs.[http://www.onlineworldofwrestling.com/profiles/k/kane.html En maio de 1995 Unabomb perdeu unha loita con Robert Gibson, e en agosto outra con Mark Calaway.
O 12 de agosto de 1995, Al Snow e Unabomb foron derrotados por Tracy Smothers & Dirty White Boy, perdendo os Campionatos de Parellas. Como resultado da derrota, Unabomb foi despedido de Smokey Mountain Wrestling.
Glen Jacobs firmou un contrato coa WWF días despois de deixar a SMW.
World Wrestling Federation/Entertainment 1995-1996 Jacobs fixo o seu debut na World Wrestling Federation (WWF) como "Dr. Isaac Yankem DDS", o dentista privado de "Jerry "the King" Lawler". Jacobs loitou varias veces contra Bret Hart; durante o seu primeiro combate en SummerSlam perdeu por descualificación..
Participou como o falso Kevin Nash, cando Jim Ross o introduciu como o compañeiro do falso "Razor Ramon".
1997-1998 O 5 de outubro de 1997 fixo o seu debut na WWF, baixo o nome de "Kane", no evento Bad Blood durante a loita Hell in a Cell na que estaban loitando Shawn Michaels e Mark Calaway. A súa aparición custoulle a derrota ó seu amigo "The Undertaker".Online World of Wrestling. Kane retou a Undertaker a unha loita, pero este rexeitouna. Despois de varios meses, interferiu novamente nun combate de Mark Calaway, prendéndolle lume dentro dun ataúde. Undertaker fixo a súa volta en WrestleMania XIV, onde derrotou a Kane.XIV Pro Wrestling History. Esta serie de combates entre os dous culminou en Unforgiven nun Inferno Match, onde Undertaker novamente saíu victorioso..
Notas
Categoría:Loita libre Categoría:Nados en Torrejón de Ardoz Categoría:Nados en 1967