Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.Rodríguez González, A. "Cronobiografía". En VV.AA. (2018). Páxina 15.

Traxectoria

Estudou humanidades, filosofía e teoloxía no seminario de Astorga, onde foi compañeiro de Andrés Martínez Salazar e Antolín López Peláez. En 1863 foi ordenado presbítero, e pasou a ser profesor de lóxica e aritmética no propio seminario. Estudou tamén cánones, grego e hebreo. Tras pecharse o seminario logo da Revolución de 1868 foi ecónomo da igrexa de San Pedro de Bembibre, e en 1871 mudouse a Madrid. Graduouse de bacharel en Artes no instituto de Ávila e en Madrid licenciouse en Filosofía e Letras.

Deu clase en Palma e Villanueva de la Serena. En 1882 acadou a cátedra de Retórica en Xixón, e en 1884 pasou a Ourense. Renunciou ao seu traslado a Madrid e á cátedra de Lingua Española na Universidade de Santiago.

Atribúeselle ser o impulsor definitivo da Comisión Provincial de Monumentos de Ourense, ao comezar a edición do Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, nos meses de marzo-abril de 1898, contando coa colaboración de grandes intelectuais, como Arturo Vázquez Núñez, Benito Fernández Alonso e Nicolás Tenorio, aos poucos fóronse incorporando as colaboracións da práctica totalidade de personalidades da chamada "Atenas de Galicia" Manuel Martínez Sueiro, Fermín Bouza-Brey, Otero Pedrayo, Vicente Risco, Xocas, Florentino López Cuevillas etc.Fariña Busto, F. "Sobre don Marcelo Macías García e Ourense". En VV.AA. (2018). Páxina 39. Ingresou na Real Academia Galega o 4 de setembro de 1905.

As súas mellores achegas producíronse no campo da arqueoloxía e a historia; a súa gran colección de moedas e os amplos coñecementos que sobre elas tiña convertérono nun referente da numismática na súa época.Rodríguez García, P. "Marcelo Macías e a Numismática". En VV.AA. (2018). Páxina 55.

Obras Literarias Cartas a un Joven, estudios sobre la civilización moderna Nobleza Obliga (1885) El calendario de pared. Sátira política (1885) El toque del Alba (1885) Las Golondrinas (1870)

Poesía miniatura|300px|Elección de Eladio Rodríguez como presidente da RAG, 20/11/1926. Una lágrima a la muerte de mi querido padre La flauta de Tirsis (1879) Cantar y morir, La Serena (1878)

Históricas Cronicón de Idacio (Versión castelá 1906) Civitas Limicorum (1904)

Ensaio

De Galicia. Discursos de caracter regional, pronunciados en las ciudades de la Coruña, Orense y Vigo (Andrés Martínez Salazar, 1892) No Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense Suplementos a la Epigrafía Latina de Orense Nuevo Miliario romano de Rábade (1912) Inscripción de Pepín (1906) El Crismón o Monograma de Cristo en las monedas de Constantino el Grande y sus sucesores (1913) Fray Suero de Oca abad de Osera (1924) Turonium (1921)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

(1943): Vida del doctor don Marcelo Macías y García, príncipe de la oratoria y del diálogo, de la cátedra y de la ciencia histórica (1843-1941). A Coruña, imprenta Moret. «Macías y García, Marcelo» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (en DVD). «Macías, Marcelo» en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 39, p. 93. Ir Indo para La Voz de Galicia. ISBN 84-7680-429-6. VV.AA. (2018). Marcelo Macías. 175 Aniversario . Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISBN 978-84-453-5306-6

Outros artigos Grupo Marcelo Macías

Categoría:Nados en Astorga Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1941 Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos do século XIX Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Numismáticos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Académicos correspondentes da Real Academia Española