A hemoglobina (Hb) é unha heteroproteína do sangue, de peso molecular 64.000 (64 kD), de cor vermella característica, que transporta o osíxeno dende os órganos respiratorios até os tecidos, en mamíferos, ovíparos e outros animais.
Fórmana catro cadeas polipeptídicas (globinas) a cada unha das cales se une un grupo hemo, cuxo átomo de ferro é capaz de unirse de xeito reversíbel ao osíxeno. O grupo hemo fórmase por: Unión do succinil-CoA (formado en ciclo de Krebs ou ciclo do ácido cítrico) a un aminoácido glicina formando un grupo pirrol. Catro grupos pirrol únense formando a Protoporfirina IX. A protoporfirina IX únese a unha molécula de ferro ferroso (Fe2+) formando o grupo hemo.
miniatura|Grupo Hemo Cando a hemoglobina está unida ao osíxeno, denomínase oxihemoglobina ou hemoglobina osixenada, dando o aspecto rubio ou escarlata intenso característico do sangue arterial. Cando perde o osíxeno, denomínase hemoglobina reducida, e presenta a cor vermella escura (cianose).
Reacción paso a paso:
Reacción total:
Tipos de hemoglobina miniatura|Hemoglobina
Hemoglobina A ou HbA: chámase tamén hemoglobina do adulto ou hemoglobina normal ou A1, representa aproximadamente o 97% da hemoglobina degradada no adulto, formada por dúas globinas alfa e dúas beta. Hemoglobina A2 Hemoglobina S Hemoglobina T Hemoglobina F Oxihemoglobina: representa a hemoglobina que se encontra unida ao osíxeno normalmente ( Hb+O2) Metahemoglobina Carbaminohemoglobina Carboxihemoglobina Hemoglobina glicosilada
Tamén hai hemoglobinas embrionarias (HbE) dos tipos: Gower 1, Gower 2 e Portland I e II. Estas só están presentes no embrión.
Son valores de referencia: Para homes: 18,0 ± 2,0. Para mulleres: 16,0 ± 2,0.
Véxase tamén Sangue Mioglobina Hemocianina Hemeritrina Clorocruorina Eritrocruorina
Categoría:Sistema circulatorio Categoría:Hemoproteínas Categoría:Pigmentos respiratorios Categoría:Metaloproteínas Categoría:Hematoloxía Categoría:Hemoglobinas