miniatura|Templo expiatorio da Sagrada Familia en Barcelona.|360x360px O modernismo catalán ou modernisme é un estilo arquitectónico que se desenvolveu en Cataluña (España) e principalmente en Barcelona, ao longo duns 50 anos, entre 1880 e 1930. Aínda que é parte dunha corrente xeral que xorde en toda Europa, en Cataluña adquire unha personalidade propia e diferenciada, e convértese no modernismo probablemente máis desenvolvido.

Historia A finais do século XIX xorden en Europa tendencias arquitectónicas que rompen cos criterios tradicionais e buscan novas formas de edificaren con miras ao século XX, que dan gran relevancia á estética. Este movemento é consecuencia da Revolución Industrial, que foi arraigando nos diversos países, e dos avances derivados dela, como a electricidade, o ferrocarril e a máquina de vapor, que cambiaron de maneira total a forma de vivir da poboación e orixinaron un crecemento das cidades, nas que se foron establecendo industrias que rexentan un número crecente de burgueses. O modernismo é, pois, un estilo urbano e burgués.

O modernismo rexeita o estilo pouco atractivo da arquitectura industrial da primeira metade do século XIX, e desenvolve novos conceptos arquitectónicos baseados na Natureza, que consisten nos materiais de construción que se empregan, nas formas dos edificios e nas figuras das súas fachadas. Os arquitectos e os seus escultores colocan no exterior dos edificios paxaros, bolboretas, follas e flores a modo de elementos decorativos, xa sexa como figuras encostadas ou como adorno da pedra ou cerámica. Tamén son penduradas figuras de tamaño maior, animais fabulosos ou persoas, e nas cornixas elementos de cerámica de cor. As fiestras e os balcóns dispoñen de reixas de ferro forxado, que son labradas artisticamente e conteñen motivos inspirados na Natureza.

O desenvolvemento do modernismo é fomentado en Cataluña pola burguesía, que se sente catalá e é culta e sensible á arte. Esta burguesía ve nesta nova arquitectura o xeito de satisfacer as súas ansias de modernización, de expresar a súa identidade catalá, e de pór de manifesto de xeito discreto a súa riqueza e a súa distinción.

Arquitectos do modernisme Foron máis de 100 arquitectos os que realizaron edificios de estilo modernista catalán. Destacando entre eles sobre todo tres: Antoni Gaudí, Lluís Domènech i Montaner e Josep Puig i Cadafalch.

O modernismo catalán expandiu a súa influencia noutras zonas de España, que como Cataluña, viviron un gran desenvolvemento económico a comezos do século XX. Destaca neste sentido o modernismo en Cartaxena, fundamentalmente por obra do arquitecto catalán Víctor Beltrí.

Obras modernistas recoñecidas pola UNESCO miniatura|300x300px|Detalle da fachada da casa Batlló. Algunhas das obras do Modernismo catalán foron catalogadas pola UNESCO como Patrimonio Cultural da Humanidade: de Lluís Domènech i Montaner:http://whc.unesco.org/en/list/804/multiple=1&unique_number=950 Lista Oficial da UNESCO do sitio "Palau de la Música Catalana e Hospital de Sant Pau, Barcelona" (1997) Palau de la Música Catalana en Barcelona; Hospital de Sant Pau en Barcelona; de Antoni Gaudí:http://whc.unesco.org/en/list/320/multiple=1&unique_number=364 Lista Oficial da UNESCO do sitio "Traballos de Antoni Gaudí" (1994, 2005) Parc Güell en Barcelona; Palau Güell en Barcelona; Fachada da Natividade e cripta no Templo expiatorio da Sagrada Familia en Barcelona; Casa Batlló en Barcelona; Casa Milá en Barcelona; Casa Vicens en Barcelona; Cripta da Colonia Güell en Santa Coloma de Cervelló.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Art Nouveau Arte de Cataluña Arte pública de Barcelona Barcelona Modernismo Modernismo valenciano Trencadís

Ligazóns externas Réseau Art Nouveau Network The Vienna Secession Home Gaudí e o Modernismo en Cataluña Modernismo lartnouveau.com

Categoría:Modernismo Categoría:Cultura de Cataluña Categoría:Arquitectura modernista en Barcelona