miniatura|Limosa limosa. O fuselo de rabo negro, ás veces mazarico rabinegro (Limosa limosa) é unha ave limícola.

Descrición Os adultos teñen as patas azul grisallas e un longo peteiro. As plumas do peito son castañas, a cola negra cunha banda negra no remate; no verán as plumas do peito vólvense grisallas. Miden 41 cm (un pouco máis grande que o mazarico rubio, ó que se asemella). Aniña no chan en pradeiras húmidas e en illós de Europa e Asia. Pon de 3 a 6 ovos. Aliméntase de insectos, crustáceos e plantas acuáticas.

Distribución xeográfica Emigra en bandadas a Europa, sur de Asia, África e Australia.

En Galicia pódese ver a finais de agosto, permanecendo ata a primavera, abondosas na enseada do Vao, O Grove, e no esteiro do Miño.

Notas

Categoría:Escolopácidos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Aves de Eurasia