Tres disparos e dous friames é unha novela negra de Miguel Anxo Fernández Fernández, publicada en maio de 2008. É a terceira entrega das aventuras do detective de orixe galega residente nos Ánxeles Frank Soutelo.
Trama
Frank Soutelo recibe a visita de Sarah, unha rapaza dunha familia ben da costa leste, que se mudou a Hollywood co propósito de facerse actriz. Solicítalle ó detective que consiga que o seu produtor deixe de abusar sexualmente dela.
O produtor cede ás ameazas de chantaxe de Frank Soutelo, pero no último intre aparece a súa esposa con Sarah. A esposa mata ó seu marido, golpea a Frank coa culata do seu Magnum, e mata a Sarah, escapando cos cartos do seguro de falecemento do marido.
Frank Soutelo perséguea para recuperar o seu millón de dólares. Para iso vai primeiro a Boston, onde se entrevista coa nai de Sarah, e posteriormente a Papeete, na Polinesia Francesa.
Narración Neste libro Frank Soutelo vese acosado desde o principio polas mulleres, practicando o coito con Sarah e recibindo unha felación da muller do produtor. Como nos libros anteriores, reitera o seu gusto polo sexo, así como pola gastronomía galega e polo cine.
Retoma os turbios asuntos de Hollywood que xa analizara en Luar no inferno, como a contratación de mozas que rematan explotadas sexualmente ou a dobre moral dos produtores.
Nesta obra non conta coa axuda de Pat Pérez, a súa secretaria, pero coñece a novos amigos, tamén galegos, que o axudan.
Véxase tamén Ligazóns externas ficha na páxina da editorial
Categoría:Novela negra en galego Categoría:Obras literarias de 2008 Categoría:Obras literarias de Miguel Anxo Fernández Categoría:Novelas ambientadas en California Categoría:Editorial Galaxia