O Ollo de Sapo é unha formación xeolóxica de 600 km de longo, que vai desde a costa central cantábrica galega ata o sistema central ibérico, e que xurdiu durante a elevación da pre-meseta ibérica do Cámbrico-Ordovícico.
Características
Esta formación componse de rochas volcánicas graníticas e félsicas que metamorfizaron en diferentes graos. Destaca nelas unha proporción elevada de zirconita e abundan máis en superficie no núcleo do anticlinorio, que vai da Estaca de Bares a Seabra. A primeira descrición do ollo de sapo fíxoa Hernández Sampelayo en 1922. Parga Pondal describiuno con detalle e deulle o nome polos piroclastos de cuarzo azulados que abundan nos porfiroides, e que son característicos desta formación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Complexo de Ordes
Ligazóns externas
Categoría:Xeoloxía de Galicia