Antón Capelán Rey, nado en Mesoiro (Elviña, A Coruña) en 1953, é un historiador, profesor e escritor galego.
Traxectoria Formouse no IES Monelos e estudou Filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no propio IES de Monelos dende pouco despois de realizar a carreira universitaria ata a súa xubilación en marzo de 2018.
Ten publicado traballos sobre literatura galega en distintas publicacións periódicas de Galiza, como A Nosa Terra, Luzes de Galiza, A Trabe de Ouro, o Boletín Galego de Literatura ou Sarmiento (Anuario Galego de Historia da Educación). Obras Investigación Contra a Casa da Troia (1994). Laiovento. 291 páxs. ISBN 978-84-87847-46-2. Tres ensaios sobre aspectos moi concretos da vida cultural de Santiago de Compostela nos anos 1929-1936. Contra a Casa da Troia (e II) (1996). Laiovento. 220 páxs. ISBN 978-84-87847-82-0. Da violencia que non condenan: o centenario da folga xeral de maio na Coruña (2003). Ateneo Libertario Ricardo Mella. Diatribas manuelinas (2004). Laiovento. 229 páxs. ISBN 978-84-8487-057-9. Silva de varia recensión (2005). Laiovento. 68 páxs. ISBN 978-84-8487-073-1. Cinco traballos sobre obras de Camilo Díaz Valiño, Manuel Antonio, Armando Fernández Mazas, Alejandro Finisterre ou Avilés de Taramancos. Luís Seoane en Compostela e outros ensaios (2010). Laiovento. 284 páxs. ISBN 978-84-8487-193-4.
Como editor literario Prosas completas / Dosinda Areses, de Xosé Luís Méndez Ferrín (1998). Xerais. O culto dos heroes, de Arturo Cancela, traducido por Eduardo Blanco Amor (2001). Laiovento. Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela