Xavier López Rodríguez, nado en Hermisende en 1956, é un xornalista e escritor das Portelas.

Traxectoria Licenciouse en ciencias da información en Madrid e reside en Santiago de Compostela desde 1985. Colaborou en diversos medios escritos de Galicia (Diario de Galicia, Diario 16 de Galicia) e Castela e León (El Norte de Castilla, El Correo de Zamora). En 1992 publicou o seu primeiro libro en galego, O anano enredador, unha novela curta centrada na Galicia estremeira. En 1993 publicou Outros heroes.

Obras O anano enredador, 1992 (narrativa infantil). Biblioteca de Autores Galegos. Outros heroes, 1993, Positivas (ensaio). A citación, 1995 (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán en 1997. Como unha pruma liviá, 1995 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor en 2001. Días de desterro, 1996 (narrativa xuvenil). Xerais. Colección Fóra de Xogo. Brumoso, 1998 (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán polo propio autor en 1999. Voces de vacas, 1998 (narrativa infantil). A serea do deserto, 1998 (narrativa xuvenil). O neno que matou a Deus, 1998 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor. Linguas longas, 1999 (narrativa xuvenil). Noitebra, 2000 (narrativa xuvenil). Catro pitas, 2000 (narrativa infantil). Traducida ao castelán polo propio autor. Un burro hippy, 2000 (narrativa infantil). Amigo Medo, 2002. Castiñeiro e compaña, 2003 (narrativa infantil). A alfombra falsa, 2003 (narrativa infantil). Destrucción, 2003 (novela). O aliado inesperado, 2005 (narrativa xuvenil). O dromedario nadador, 2005 (narrativa xuvenil). A abella na orella da ovella, 2007 (narrativa infantil). Cor gris vida, 2007 (narrativa xuvenil). Os globos de andar, 2008 (narrativa infantil) Cacaborro, 2009 (narrativa infantil) Lixo, 2009 (narrativa xuvenil) Hai que ir morrendo, 2010.

Obras colectivas E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía , Dolores (coord.) (1995). Diccionario da literatura galega, vol. 1, Galaxia. Ligazóns externas Blog de Xavier López Ficha do autor na Biblioteca Virtual Galega Vídeo de Xavier López nun club de lectura

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Castela e León en lingua galega Categoría:Nados en 1956 Categoría:Escritores de literatura infantil de Galicia Categoría:Nados na provincia de Zamora