Steven Weinberg, nado en Nova York o 3 de maio de 1933 e finado en Austin, Texas, o 23 de xullo de 2021, foi un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1979. Este foi compartido con Abdus Salam e Sheldon Glashow "polas súas contribucións á teoría da interacción unificada débil e electromagnética entre as partículas elementais, incluída, entre outras cousas, a predición da corrente neutra débil".
Ocupou a cátedra Josey Regental de ciencias na Universidade de Texas en Austin, onde foi membro dos departamentos de Física e Astronomía. A súa investigación sobre as partículas elementais e a cosmoloxía física foi recoñecida con numerosos premios e galardóns, entre eles a Medalla Nacional da Ciencia de 1991. En 2004, recibiu a Medalla Benjamin Franklin da Sociedade Filosófica Americana e da Academia Americana de Artes e Ciencias. O seu libro de texto "The Quantum Theory of Fields" está considerado un clásico. Máis rade interesouse pola relatividade xeral, e escribiu "Gavitation and Cosmology".
Os artigos de Weinberg sobre diversos temas aparecía ocasionalmente en "The New York Review of Books", e noutras publicacións periódicas. Traballou como asesor na Axencia de Control de Armas e Desarme dos Estados Unidos, e foi presidente da Sociedade Filosófica de Texas e membro do Consello Editorial da revista Daedalus, do Consello de Investigadores da Biblioteca do Congreso. Weinberg escribiu tamén obras de divulgación científica como "The First Three Minutes".
Primeiros anos Steven Weinberg naceu en 1933 en Nova York. Os seus pais eran inmigrantes xudeus; o seu pai, Frederik, traballaba como estenógrafo xudicial, mentres que a súa nai, Eva, era ama de casa. Weinberg atopou inspiración na divulgación científica, especialmente en George Gamow e James Jeans. Lembraba "ver nun dos seus libros (creo que era The Mysterious Universe, de Jeans) unha explicación do principio de incerteza de Heisenberg que mencionaba a ecuación qp-pq=ih/2π. Non sabía o que significaba o lado dereito da ecuación, pero sabía que, se q e p eran calquera tipo de número, entón q multiplicado por p sería o mesmo que p multiplicado por q, así que como podía qp menos pq ser outra cousa que cero? Era evidente para min que necesitaba aprender moito antes de poder dominar aquela materia tan profunda".
Graduouse na Bronx High School of Science en 1950. Na mesma promoción estaba Sheldon Glashow, cuxas investigacións, realizadas de maneira independente das de Weinberg, levaron a que ambos compartisen o Premio Nobel de Física de 1979 con Abdus Salam.
Nunhas memorias publicadas postumamente, Weinberg escribiu: "calquera intelixencia innata e curiosidade intelectual que poida ter, débolas aos meus pais, en particular, ao meu pai".
En 1954, Weinberg obtivo o seu título de bacharel na Universidade de Cornell, onde se especializou en física, e cursou filosofía como disciplina secundaria. Alí residiu na Telluride House. Posteriormente, foi ó instituto Niels Bohr de Copenhague, onde iniciou os seus estudos de posgrao e a súa investigación. Despois dun ano, Weinberg trasladouse á Universidade de Princeton, onde obtivo o seu doutoramento en físico en 1957, tras completar a súa tese baixo a supervisión de Sam Treiman.
Carreira e investigación Despois de completar o seu doutoramento, Weinberg traballou como investigador posdoutoral na Universidade de Columbia (1957-1959) e na Universidade de California, Berkley (1959), e posteriormente incorporouse ó cadro docente de Berkeley (1960-1966). Investigou diversos temas da física de partículas, como o comportamento a altas enerxías da teoría cuántica de campos, a ruptura de simetría, a dispersión de pións, os fotóns infravermellos e a gravidade cuántica.A partial list of this work is: ; ; ; Foi tamén durante ese período cando desenvolveu o enfoque da teoría cuántica de campos descritos nos primeiros capítulos do seu libro "The Quantum Theory of Fields",; ; e comezou a escribir o seu manual "Gravitation and Cosmology", despois de interesarse pola relatividade xeral tras o descubrimento da radiación cósmica de fondo de microondas. He was also appointed the senior scientist at the Smithsonian Astrophysical Observatory. Tamén foi nomeado científico principal do Observatorio Astrofísico Smithsonian. He was also appointed the senior scientist at the Smithsonian Astrophysical Observatory. "The Quantum Theory of Fields" abrangue tres volumes e máis de 1.500 páxinas, e adoita considerarse a obra de referencia principal neste campo.
En 1966, Weinberg deixou Berkley e aceptou un posto de profesor na Universidade de Harvard. En 1967 foi profesor visitante no MIT. Foi nese mesmo ano cando Weinberg propuxo o seu modelo de unificación do electromagnetismo e das forzas nucleares débiles (como as que interveñen na desintegración beta e na desintegración dos kaóns), explicando as masas dos portadores da forza da parte débil da interacción mediante unha ruptura espontánea da simetría. Un dos aspectos fundamentais do modelo era a predición da existencia do Bosón de Higgs. O modelo de Weinberg, coñecido actualmente como teoría da unificación electrodébil, tiña a mesma estrutura de simetría que a proposta de Glashow en 1961: ambos incluían o mecanismo de interacción débil, daquela descoñecido, entre leptóns, coñecido como corrente neutra e mediado polo bosón Z. O descubrimento experimental das correntes neutras débiles en 1973 constituíu unha das confirmacións da unificación electrodébil. O artigo de Weinberg no que presentou esta teoría é unha das obras máis citadas da historia da física de altas enerxías.INSPIRE-HEP: Top Cited Articles of All Time (2015 edition)
Despois do seu traballo de 1967 sobre a unificación das interaccións débiles e electromagnéticas. Weinberg continuou o seu labor en numerosos ámbitos da física de partículas, a teoría cuántica de campos, a gravidade, a supersimetría, as supercordas e a cosmoloxía. Nos anos posteriores a 1967, o Modelo Estándar completo da teoría das partículas elementais desenvolveuse grazas ó traballo de numerosos investigadores. Nel, as interaccións débiles e electromagnéticas, xa unificadas polos traballos de Weinberg, Abdus Salam e Sheldon Glashow, son integradas de maneira consistente cunha teoría das interaccións fortes entre quarks nunha única teoría xeral. En 1973, Weinberg propuxo unha modificación do Modelo Estándar que non contiña o Bosón de Higgs fundamental do modelo. Tamén durante a década de 1970, propuxo unha teoría coñecida posteriomente como tecnicolor, na que novas interaccións fortes resolvían o Problema da xerarquía.
Weinberg converteuse en profesor Eugene Higgins de Física da Universidade de Harvard en 1973, cargo que ocupou ata 1983. En 1979, co seu Teorema popular, foi pioneiro na concepción moderna do aspecto da renormalización da Teoría cuántica de campos, que considera todas as teorías cuánticas de campos como teorías efectivas de campos, e modificou a perspectiva dos traballos anteriores (incluído o seu artigo de 1967), segundo o cal unha teoría cuántica de campos coherente debía ser renormalizable. Este enfoque permitiu o desenvolvemento dunha teoría efectiva da gravidade cuántica, da QCD a baixas enerxías, da teoría efectiva de campos dos quarks pesados e doutros avances, e constitúe un tema de considerable interese na investigación actual.
En 1979, uns seis anos despois do descubrimento experimental das correntes neutras, é dicir, do descubirmiento da existencia inferida do bosón Z, pero despois do descibrimiento experimental en 1978 da cantidade de violación da paridade predita pola teoría, debida á mestura dos bosóns Z coas interaccións electromagnéticas, Weinberg recibiu o Premio Nobel de Física xunto con Sheldon Glashow e Abdus Salam, que propuxeran independentemente unha teoría da unificación electrodébil baseada na ruptura espontánea da simetría.
En 1982, Weinberg trasladouse á Universidade de Texas en Austin como titular de cátedra, e creou na universidade un grupo de física teórica que actualmente ten oito profesores titulares e é un dos principais grupos de investigación neste campos nos Estados Unidos.
Weinberg aparece frecuentemente entre os científicos máis destacados segundo diversos índices de impacto da investigación, como o índice h e o índice de creatividade.In 2006 Weinberg had the second-highest creativity index among physicists World's most creative physicist revealed. physicsworld.com (June 17, 2006). O físico teórico Peter Woit cualificou a Weinberg como "probablemente a figura dominante da física teórica de partículas durante o seu período de grande éxito, desde finais dos anos sesenta ata comezos dos oitenta", e describiu a súa contribución á unificación electrodébil como algo que "segue a estar no centro do Modelo Estándar, a nosa mellor comprensión da física fundamental". Science News nomeouno, xunto cos seus colegas teóricos Murray Gell-Mann e Richard Feynman, como un dos físicos máis destacados da época, sinalando que "entre os seus colegas, Weinberg era unha das figuras máis respectadas de toda a física ou, quizais, de toda a ciencia Sean Carrol cualificou a Weinber como un dos "mellores físicos que tivemos; un dos mellores pensadores de calquera ámbito", que "amosou unha extraordinaria enerxía e claridade de pensamento ao longo de toda unha vida longa e produtiva", mentres que John Preskill o describiu como "un dos científicos máis destacados da nosa época e, en particular, un portavoz especialmente elocuente da visión científica do mundo". Brian Greene afirmou que Weinberg posuía unha "sorprendente capacidade para penetrar no funcionamento profundo da natureza" que "transformou profundamente a nosa comprensión do universo". ó concedérselle o Breakthrough Prize en 2020, Yuri Milner, un dos fundadores deste proxecto, cualificou a Weinberg como un "arquitecto fundamental" dunha "das teorías físicas máis exitosas de todos os tempos", mentres que o teórico de cordas Juan Maldacena, presidente do comité de selección, declarou: "Steven Weinberg desenvolveu moitas das ferramentas teóricas fundamentais que utilizamos para describir a natureza a nivel fundamental". thumb|Steven Weinberg in December 2014
Outras contribucións Ademais da súa investigación cinetífica, Weinberg foi un portavoz público da diendia, testificando ante o Congreso en apoio do Superconducting Super Collider, escribindo artigos para The New York Review of Books,Articles by Steven Weinberg. The New York Review of Books. Nybooks.com. Retrieved on July 27, 2012., e impartindo diversas conferencias sobre o significado máis amplo da ciencia. O seu primeiro libro de divulgación científica, "The First Three Minutes: A Modern View of the Origin of the Universe" (1977), describía a orixe do universo no Big Bang. E o libro Dreams of a Final Theory (1992) defendía o reduccionismo e o Superconducting Super Collider.
Aínda que continuou impartindo clases de física, nos seus últimos anos dedicouse ta,én á historia da ciencia, un labor que culminou en To Explain the World: The Discovery of Modern Science (2015). Unha crítica hóstil publicada no Wall Street Journal por Steven Shapin suscitou diversos comentarios, unha resposta de Weinberg e un intercambio de opinións entre Weinberg e Arthur Silverstein na NYRB en febreiro de 2016.
En 2016, Weinberg converteuse de feito nun líder para o profesorado e o alumnado que se opoñían a unha nova lei que permitía levar armas ocultas nas aulas da Universidade de Texas. Anunciou que prohibiría as armas nas súas clases e afirmou que mantería a súa decisión de incumprir as normas da universidade nesta cuestión mesmo se se enfrontaba a unha demanda xudicial. Weinberg nunca se xubilou e continuou impartindo clases na Universidade de Texas ata a súa morte.