San Vicente de Pombeiro é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Ferreira de Pantón. No ano 2007 tiña 186 habitantes, deles 91 eran homes e 95 eran mulleres, o que supón unha diminución de 11 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Historia En 1891 creouse a parroquia eclesiástica de Santa María do Regueiro cos seguintes lugares de Pombeiro: A Pena, A Torre, Bazal, Cascaxide, O Moredo, O Rigueiro, O Torrón e Vilamirón.

Xeografía Limita ao norte coas parroquias pantonesas de Atán, Següín e San Fiz de Cangas; ao leste coas de Cangas e Frontón; ao sur coas de Nogueira de Ramuín de Santo Estevo de Ribas de Sil e Moura, e ao oeste coa dos Peares (A Peroxa), Oleiros e A Cova polo oeste.

Parte da parroquia de Pombeiro atópase dentro do LIC "Canón do Sil", 4,6 km² das ribeiras de Pombeiro están protexidas.

Patrimonio Mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro, da que se conserva o templo. Nel destacan as súas pinturas murais.

Lugares e parroquias Lugares de Pombeiro

Parroquias de Pantón

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pantón

Categoría:Parroquias de Pantón Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Vicente