miniatura|Cercis siliquastrum A árbore do amor (Cercis siliquastrum) é unha árbore da familia das papilionáceas.
Características Esta pequena árbore acada unha altura de 5 a 10 m. É nativa do sur da Península Ibérica, sur de Francia, Italia, Grecia e Asia Menor. Ao comezo da primavera cóbrese cunha manchea de flores de cor carmesí e despois aparecen as follas; as flores son comestibles. A mitoloxía de moitos países de Europa conta que Xudas Iscariote pendurouse desta árbore. miniatura|Cercis siliquastrum En Galicia atópase cultivada en parques e xardíns.
Véxase tamén
Categoría:Árbores Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Cercis Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Fabáceas Categoría:Plantas descritas en 1753