Ratko Mladić ou Ратко Младић, nado en Božinovići o 12 de marzo de 1942 e finado na Haia o 27 de agosto de 2026, foi un militar serbio de Bosnia e Hercegovina, Xefe de Estado Maior do Exército da República Srpska (VRS) durante a guerra en Bosnia, entre 1992 e 1995.
Traxectoria En 1996 Mladić, xunto con outros líderes serbios, foi acusado de crimes de guerra e xenocidio polo Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia, polo asedio a Saraxevo no cal morreron 10.000 persoas, e polo masacre de 8.100 homes e nenos bosníacos o 11 de xullo de 1995, durante o masacre de Srebrenica, o maior xenocidio cometido en Europa dende a segunda guerra mundial. Unha orde de arresto internacional pendente para Mladić, segundo a Regra 61 do TPII, de 2008, que conclúe que hai motivos suficientes para crer que o acusado cometera ditos crimes, incluíndo xenocidio. O goberno dos Estados Unidos ofrece dende entón unha recompensa de 5 millóns de dólares polo seu arresto, así como o de Radovan Karadžić, que foi detido o 21 de xullo de 2008.
Despois de anos de fuga, Mladić foi finalmente detido en Serbia o 26 de maio de 2011, co anuncio da súa prisión, comunicado en Belgrado polo presidente serbio Boris Tadić..
Xulgado polo Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia, en novembro de 2017 foi declarado culpable polas súas responsabilidades no masacre de Srebrenica e no Sitio de Saraxevo e condenado a cadea perpetua por xenocidio, crimes de guerra e crimes de lesa humanidade. Mladić recorreu a condena ante o Mecanismo para os Tribunais Penais Internacionais (MTPI) e en agosto de 2020 comezou o proceso de apelación. Finalmente, o 8 de xuño de 2021 a sentenza contra Mladić foi ratificada. A fiscalía internacional do caso declarou tras a confirmación da pena que Mladić figura entre os maiores criminais de guerra da historia recente, mais, lembrando tamén, que a condena non é unha sentenza contra o pobo serbio.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Quo Vadis, Aida?
Categoría:Militares de Serbia Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Criminais de guerra