Santiago de Doncos é unha parroquia do concello das Nogais na comarca dos Ancares, na provincia de Lugo. Tiña 198 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 90 homes e 108 mulleres. O que supón unha diminución de 53 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 251 habitantes (117 homes e 134 mulleres) e 61 menos que en 2006.

A parroquia, situada á beira dereita do río Navia, está atravesada pola N-VI e a A-6.

Do lugar de Sebrás era natural Balbino Santín Aira, asasinado no campo de concentración nazi de Mauthausen o 10 de decembro de 1941.

En Doncos nacera Lisardo Freijo, coñecido como Tenente Freixo ou Teniente Freijo –pois acadou ese grao no exército republicano na fronte de Asturias–. Trala guerra organizou en 1943 un grupo guerrilleiro que actuaba nas bisbarras de Curtis e Ordes.

Patrimonio Torre de Doncos Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Doncos

Parroquias das Nogais

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares das Nogais

Categoría:Parroquias das Nogais Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior