Donetsk é unha cidade de Ucraína, no extremo sueste do país, cabeceira da rexión minerometalúrxica e industrial de Donbass, unha das maiores de Europa, aínda que coma case todas deste tipo, en forte recesión. A poboación da cidade segundo ó censo do 2001 era de 1 016 194.

A orixe de Donetsk ten sido xustamente unha planta metalúrxica establecida no lugar polo británico John Hughes en 1869.

Historia miniatura| A bisbarra onde se asenta a cidade era unha zona de granxas pertencentes a terratenentes, aldeas dos campesiños que as traballaban e, dende o século XVIII, explotacións mineiras do carbón espalladas polo territorio. miniatura|Yuzovka en 1912 dende a aceiría. En 1869, o empresario galés John Hughes obtivo da administración tsarista a concesión para levantar uns altos fornos en terreos que mercou ao príncipe Sergey Kochubeem próximos á aldea de Aleksandrovka. Xunto a aceiría, unhas vivendas para os obreiros e pronto, ao norte, unha pequena poboación (entre o río Kalmius ao leste e un afluente menor ao oeste) e que recibiu o nome de Hughesovka (Yuzovka na transcrición fonética ao ruso) .

O crecemento do centro metalúrxico e a cidade (en retícula, privilexiando as rúas norte-sur) foron paralelos e espectaculares: de 164 habitantes en 1870 a 5.494 (1884), 29.000 (1897), 70.000 (1914-17).

En 1924, xa na época soviética coma parte de Ucraína, cambiou o seu nome a Stalino (non por Stalin senón por aceiro en ruso).

Durante a segunda guerra mundial foi case que totalmente destruída, sendo reconstruída a grande escala no período posterior. En 1961 renomeouse coma Donetsk, polo río en cuxa conca esténdese unha das concentracións mineiras e industriais maiores do mundo (Donbass), da que a cidade é o centro máis importante.

Nos últimos decenios, coma o resto das áreas da industria pesada do planeta, sofre unha forte recesión e reconversión.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guía de Donetsk

Categoría:Cidades de Ucraína