Antonio Manuel Chaves Cuiñas, nado en Cambados o 10 de xullo de 1959, é un escritor galego residente en Vigo.
Traxectoria Diplomado como Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela, publicou traballos e ilustracións de contido diverso, como Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou A Nosa Terra. Ademais foi secretario e colaborador da Revista Universitaria de Cultura Coordenadas, en Santiago de Compostela, e colaborador e membro da redacción da Revista de Ciencia, Arte y Pensamiento Congostra, editada en Vigo pola Asociación Cultural Zeca Afonso.
Tamén participou en recitais poéticos e encontros literarios con figuras coma Rafael Alberti, Carlos Oroza, Arturo Cuadrado, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Manuel Cuña Novás, Xulio Valcárcel e Manuel Lueiro Rey.
En 1990 realizou as ilustracións e escribiu o epílogo do libro Vigo en tres paisajes, o derradeiro de Manuel Lueiro Rey en vida.
No 1996 promoveu o premio xornalístico Enrique H. Botana, que na súa primeira edición foille concedido coma título póstumo a Segundo Mariño Vázquez.
Chaves está especializado no mundo da infancia, a xuventude, o xogo e o xoguete. É presidente da Fundación Raquel Chaves. Entre 1997 e 2006 foi director e coordinador do Museo Castellano-Manchego del Juguete, situado na localidade toledana de Mohedas de la Jara. Desde o 2006 coordina o MuGaIn (Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete) en Vigo.
Obra Reliquias del Vaciamiento (1978) La UGT de Vigo. Una aproximación histórica (1ª edición en 1998, 2ª no 2006) Resol de ensueños para Arturo Cuadrado (2004) Mar azul, Cielo azul, Blanca vela (2007)
Colaborou en Poesía Galega Actual (1980) Concurso Nacional de Poesía “O FACHO” (1978-1989) (1990) Vigo en tres paisajes (1990) Arturo Cuadrado. A fantasía dun pobo (1999) Los Museos del Juguete y la Infancia a finales del siglo XX (1999) Homenaxe a Luis Seoane. O Grove, Abril 1980 (2001) El Juguete Español del Siglo XX. 100 años de Entretenimiento y Aprendizaje (2001) El Exilio de los Niños (2003) Payá. 1905-2005. Cien años de juguetes en la Comunidad Valenciana (2005)
Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes