La Voz Pública foi un xornal publicado en Ourense entre 1915 e 1918.
Historia e características Subtitulado Diario de Orense, apareceu o 31 de outubro de 1915. Dirixido por Francisco Álvarez de Nóvoa e Ceferino Valencia Novoa. Xurdiu como portavoz do Partido Liberal pouco antes das eleccións municipais de 1915, apoiou as campañas agraristas e foi rival do periódico conservador El Diario de Orense. Ocupouse da información local e comarcal, e incluíu colaboracións de Vicente Risco e Arturo Noguerol e nel seguiu a publicar Francisco Álvarez de Nóvoa as súas famosas columnas satíricas de El Miño, denominadas "Agujetas". A comezos do ano 1918 deixou de publicarse.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1915 en Galicia