Joaquim Teófilo Fernandes Braga, nado en Ponta Delgada o 24 de febreiro de 1843 e finado en Lisboa o 28 de xaneiro de 1924, foi un político, escritor e ensaísta portugués. Traxectoria

Estreouse na literatura en 1859 con Folhas Verdes. Licenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, establécese en Lisboa en 1872, onde dá clases de Literatura no Curso Superior de Letras. Entre a súa carreira literaria cóntanse obras de historia literaria, etnografía (nas que destacan as súas escolmas de contos e cancións tradicionais), poesía, ficción e filosofía.

Comeza a súa actividade política en 1878, cando concorre ás eleccións como candidato a deputado polos republicanos federalistas. Exerce varios cargos destacados nas estruturas do Partido Republicano Portugués. O 1 de xaneiro de 1910 convértese en membro efectivo do directorio político xunto con Basílio Teles, Eusébio Lleãou, José Cupertino Ribeiro e José Relvas.

O 28 de agosto de 1910 é elixido deputado por Lisboa, e en outubro do mesmo ano convértese en presidente do Goberno Provisional. A súa carreira política remata tras exercer por breve tempo o cargo de presidente da República, en substitución de Manuel de Arriaga, entre o 29 de maio e o 4 de agosto de 1915.

Obras miniatura|Teófilo Braga (1882) Poesía Visão dos Tempos (1864) Tempestades Sonoras (1864) Torrentes (1869) Miragens Seculares (1884)

Ficción Contos Fantásticos (1865) Viriato (1904)

Ensaios As Teorías Literárias -­ Relance sobre o Estado Actual da Literatura Portuguesa (1865) História da Poesia Moderna em Portugal (1869) História da Literatura Portuguesa (Introdução) (1870) História do Teatro Português (1870 - 1871) - en 4 volúmenes Teoría da História da Literatura Portuguesa (1872) Manual da História da Literatura Portuguesa (1875) Bocage, sua Vida e Época (1877) Parnaso Português Moderno (1877) Traços gerais da Filosofia Positiva (1877)

Cancioneiro portuguez da Vaticana (1878) História do Romantismo em Portugal (1880) Sistema de Sociología (1884) Camões e o Sentimento Nacional (1891) História da Universidade de Coimbra (1891 - 1902; catro volumes) História da Literatura Portuguesa (1909 - 1918; catro volumes)

Antoloxías e escolmas Antologías: Cancioneiro Popular (1867) Contos Tradicionais do Povo Portugês (1883)

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1924 Categoría:Presidentes de Portugal Categoría:Masóns de Portugal Categoría:Nados na rexión autónoma dos Azores Categoría:Alumnos da Universidade de Coímbra