Juião Bolseiro foi un xograr galego, activo no terceiro cuartel do século XIII nas cortes de Castela e Portugal.

Traxectoria O profesor Xosé António Souto Cabo achou un documento na Catedral de Santiago de 1240 onde figura como testemuña Iulianu s Arie, bulsarius. Sostén que o alcume Bolseiro pode ter relación coas bolsas nas que se gardaban as doazóns dos fieis.

Obra É autor de 18 textos: 1 cantiga de amor, 15 cantigas de amigo e 2 tenzóns, unha delas con Johan Soarez Coelho sobre o escándalo de amas e tecedeiras, e outra con Men Rodriguiz Tenoiro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia