Martin de Pedrozelos ou Padrozelos foi un xograr galego, compositor de cantigas en lírica galego-portuguesa. É unha figura recoñecida na comarca de Sarria e conta cun documental chamado Trobador no Camiño: andares pola lírica de Martín de Padrozelos para dar a coñecer a súa figura.
Traxectoria Polo sobrenome crese que naceu en Padrucelo, na parroquia de San Xoán de Lózara pertencente ao municipio de Samos. En Padrucelo consérvase unha casa centenaria co seu nome. Existe discrepancia sobre o seu período, pola colocación no cancionero estudosos como Tavani e António Resende de Oliveira sitúano na segunda metade ou finais do século XIII, con todo o investigadores Xulio Pardo de Neyra e Doce Fernández Graña sosteñen que naceu a mediados do século XI e faleceu a princios do século XII, situando as súas composicións como as primeiras coñecidas en galego.
Obra Consérvanse dez cantigas: nove cantigas de amigo e unha cantiga de amor. O grupo musical A Quenlla editou un disco chamado Trobador no Camiño que contén versións das dez cantigas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Martin de Padrozelos, o primeiro trobador da lírica galego-portuguesa?, de Xulio Pardo de Neyra, 2005, Toxosoutos.
Ligazóns externas
Trobador no Camiño: andares pola lírica de Martín de Padrozelos
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia