1808 (MDCCCVIII) foi un ano bisesto comezado en venres segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Europa O escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe publica a primeira parte do seu drama "Fausto", onde narra a historia de Fausto, que entrega a súa alma ao diaño a cambio de satisface-las súas ansias de saber e a súa sede de praceres. O 2 de febreiro o emperador francés Napoleón I ocupa novamente os Estados Pontificios, xunto coa cidade de Roma. O reino de Etruria é incorporado ó imperio francés por Napoleón. O 10 de febreiro o tsar ruso Alexandre I declara rotas as relacións entre o seu país (Rusia) e Suecia, e as súas tropas ocupan Finlandia, ata entón en poder de Suecia. A ocupación do país polas tropas rusas completarase o 21 de febreiro en que Suecia cede completa e formalmente o país ao invasor estranxeiro. O 30 de agosto as tropas do xeneral Junot (en territorio de Portugal) teñen que capitular ante as do británico Wellington, que desembarcara na baía de Mondego. O 22 de decembro, o compositor alemán Ludwig van Beethoven estrea en Viena as súas dúas derradeiras obras: as sinfonías Quinta e Sexta (Pastoral).
España En Cataluña o impresor Antonio Brusi prosegue dende Tarragona a publicación do "Diario de Barcelona" que, incautado polos franceses, se converte no "Diari de Barcelona e do Govern de Catalunya" e se publica en francés, castelán e catalán. O 25 de xaneiro conclúe o proceso do Escorial, emprendido contra os cómplices do príncipe Fernando, acusados de complot para derrocar ao rei Carlos IV. Entre o 17 e o 18 de marzo organízase, na localidade de Aranjuez, un motín no que se atopan xuntos os soldados, campesiños e servidores do palacio real, que obriga a Carlos IV a destituír a Godoy. O día 19 de marzo, Godoy foi deposto dos seus cargos, e Carlos IV foi obrigado a abdicar no seu fillo polo motín popular desatado en Madrid e pola presenza das tropas napoleónicas. 19 de marzo - En España iníciase o primeiro reinado con Fernando VII no trono. O 23 de marzo o mariscal Joachim Murat chega a Madrid, co cargo de xeneral en xefe das tropas francesas estacionadas en España e négase a recoñecer a Fernando VII como rei. O 20 de abril reúnense en Baiona Fernando VII e Napoleón I. O 30 de abril, Carlos IV e a súa dona, María Luisa, chegan a Baiona, onde se xuntan co "Príncipe da Paz" (Manuel Godoy).
miniatura|dereita|220 px|Os fusilamentos do 3 de maio de 1808; pintura de Francisco de Goya. O 2 de maio estala unha sublevación que se converte rapidamente nunha auténtica guerra de independencia española contra os franceses. Tan só tres oficiais do exército español, Daoíz, Velarde e Ruíz, se uniron á rebelión popular, que quedou sufocada esa mesma tarde. O 5 de maio, Carlos IV abdica na persoa de Napoleón I. O día 6, Napoleón consegue a renuncia de todos os seus dereitos do resto da familia real española e o 10 a de Fernando VII no seu favor. 6 de maio - En España volve reinar de novo Carlos IV. O 24 de maio fórmase a Xunta Suprema Provincial de Oviedo, a primeira que se organiza para asumir o goberno contra a ocupación francesa. A esta iranse sumando outras. O 5 de xullo, Napoleón I fai entrega oficial ao seu irmán José José Bonaparte (ó que popularmente chamaban "Pepe Botella") da coroa española. O 8 de xullo unha comisión de 150 homes reunidos en Baiona formou a "Xunta Nacional" e emite un informe sobre unha constitución para España (que podería ser a primeira do país). O 15 de xullo en Nápoles. Joachim Murat é proclamado rei das Dúas Sicilias. Entre o 19 de xullo e o 22 as tropas españolas, mal armadas, instruídas, e compostas de garrochistas andaluces, logran vencer en Bailén (Xaén), ao mando do xeneral Castaños, ao exército francés do xeneral Dupont, considerado como o mellor de Europa. O 25 de setembro créase unha Xunta Central en Aranjuez, tamén chamada Suprema e Gobernativa, como supremo órgano de goberno de España durante a ausencia do rei Fernando VII, co fin de dirixi-la loita contra os franceses. O 3 de novembro, Napoleón I entra en España ao mando dun exército de 240 000 homes, para restablecer ao seu irmán José I no trono. O 23 de decembro, José I Bonaparte volve poñerse a coroa de España, e faise cargo do goberno do reino, despois de que o seu irmán Napoleón deixe a Península Ibérica.
Reino Unido O químico británico sir Humphry Davy descobre o bario, o estroncio e o calcio.
Francia En Francia o físico francés Étienne Louis Malus, descobre o fenómeno da polarización da luz. O doutor alemán Franz Joseph Gall, publica o seu libro "Funciones del cerebro", onde describe os fundamentos dunha nova ciencia, a cranioscopia (nomeada posteriormente frenoloxía). Louis Joseph Gay Lussac establece que os diferentes gases que estuda (aire, nitróxeno, osíxeno), "a iguais temperaturas, dilátanse uniformemente". O 1 de marzo a política seguida por Napoleón co outorgamento de novos títulos nobiliarios, establece unha nova aristocracia en Francia. Para regulala, o Senado vese na obriga de facer un sistema xerarquizado que rigorosamente outorga e controla os diversos títulos de duque, conde, barón e cabaleiro.
África Usman dan Fodio, soberano peúl, destrúe o Estado Gobir. 1 de xaneiro - A república africana de Serra Leoa transfórmase nunha colonia británica.
América Nos Estados Unidos, os derradeiros estados que practican aínda a trata de negros son obrigados a cesar neste comercio, o que non impide que o sistema escravista siga imperando en amplas zonas do país. 22 de xaneiro - A familia real portuguesa chega ao Brasil grazas ó transporte ofrecido polos buques británicos. 18 de febreiro - No Brasil fundase a Facultade de Medicina da Baía, acto ao que asiste o príncipe Xoán que exerce coma rexente do país. Dende maio, a intervención do emperador francés Napoleón I en España ten coma consecuencia a aparición e o fortalecemento de movementos autonomistas en case todas as colonias españolas, como a Arxentina, Bolivia, Chile, México e o Perú.
Asia En Turquía, Mahmud II, de 13 anos proclámase a si mesmo o 30º sultán otomán. O 14 de novembro o gran visir otomán, Mustafá Bajá Bairakdar suicídase ao producirse o levantamento dos xanízaros (tropas de elite do sultán). 19 de decembro - Remata a ocupación británica en Macau; que fora iniciada o 21 de setembro deste mesmo ano.
Nacementos 11 de xaneiro - Antoine Schayes, arqueólogo e explorador belga. 13 de xaneiro - Jorgen Roed, pintor e debuxante danés. 16 de xaneiro - Joaquín Hernández Herrero, bispo español. 21 de xaneiro - Juan Crisóstomo Torrico, presidente do Perú (m. 1875) 27 de xaneiro - David Friedrich Strauss, teólogo, escritor e filósofo alemán. 27 de xaneiro - Xoán Caetano dos Santos, actor brasileiro. 5 de febreiro - Karl Spitzweg, poeta, escritor e pintor belga. 26 de febreiro - Honoré Daumier, pintor francés. 28 de febreiro - Elias Parish Alvars, músico e compositor británico. 22 de marzo - Caroline E. Sarah Norton, escritora e poeta británica. 25 de marzo - José de Espronceda, escritor español. 10 de abril - Auguste Franchomme, músico e violoncellista francés. 13 de abril - Antonio Meucci, inventor italiano. 20 de abril - Napoleón III (m. 1873). 24 de abril - Joaquín A. Cardoso Casado Giraldes, médico e cirurxián portugués. 15 de maio - Manuel Luís Osório, político e militar brasileiro; coñecido co alcume de xeneral Osorio. 15 de maio - Michael William Balfe, compositor irlandés. 15 de maio - Gottfried Herrmann, compositor alemán. 18 de maio - Venancio Flores, presidente do Uruguai (m. 1868) 22 de maio - Gérard de Nerval, poeta francés. 3 de xuño - Jefferson Davis, militar e político americano; o único presidente da Confederación surista dende os anos 1861/65. 20 de xuño - Sansón Raphael Hirsch, rabino e teólogo xudeu de ascendencia israelí. 20 de xuño - Urbano Ratazzi, político italiano; primeiro ministro de Italia na tempada de 1862/67. 13 de xullo - Patrice de Mac-Mahon, militar, mariscal e político francés; segundo presidente da terceira república francesa (m. 1893). 18 de xullo - José J. Leite Guimaraes, aristócrata portugués; foi coñecido como barón de Nova Cintra. 25 de xullo - Johann Benedict Listing, matemático e mestre alemán. 21 de agosto - Narcisse V. Diaz da Peña, pintor francés. 2 de setembro - Ramón Pasarón Lastra, xurista e político galego (m. 1876). 1 de outubro - Fryderyk Edward Sobolewski, alcalde rexente polaco. 14 de outubro - Simon Saint Jean, pintor francés. 2 de novembro - Jules Barbey d'Aurevilly, escritor francés. 17 de novembro - Alberik Zwyssig, músico e compositor suízo. 24 de novembro - Jean Baptiste Alphonse Karr, escritor e filósofo francés. 15 de decembro - Henry Chorley, escritor novelista británico. 23 de decembro - Antonio María Claret, relixioso español; beatificado polo papa Pío XI o 25 de febreiro de 1934 e canonizado polo papa Pío XII o 7 de maio de 1950. Outros autores atribúen o nacemento o mesmo día pero do ano 1807. 28 de decembro - Athanase L. Victoire Dupré, matemático e mestre francés. 29 de decembro - Andrew Johnson, presidente dos Estados Unidos (m. 1875)
Mortes 3 de marzo - Johann Christian Fabricius, investigador e entomólogo danés. 13 de marzo - Christian VII, rei danés. 25 de abril - Alois Luigi Tomasini, músico italiano. 22 de maio - Edmund Ayrton, músico e compositor británico. 11 de xuño - Giovanni Battista Cirri, compositor e músico italiano. 17 de xullo - Antoine René Larcher, militar francés. 20 de xullo - Francois H. Barthélemon, compositor francés. 1 de agosto - Giuseppe Flajani, médico e cirurxián italiano. 11 de setembro - José Celestino Mutis, botánico e matemático español (n. 1732) 26 de setembro - Paul Wranitzky, compositor checo. 30 de decembro - Morre en Sevilla, José Moñino, conde de Floridablanca. María Francisca de Isla Losada, escritora e editora galega (n. 1734). Selim III, sultán otomán desde 1789, asasinado (n. 1761).
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1808