Golparro foi un xograr galego do século XIII.

Traxectoria Golparro sería un alcume que significaría "raposo vello". Ana Isabel Boullón Agrelo sostivo que o sobrenome Golparro sería unha mestura dos termos golpe e raposo. Manuel Fernández Rodríguez atopou un documento de compra por parte do Mosteiro de Santa María Melón de 1257, no que figura como vendedor un Juan Fernández coñecido como Golparro.

Pola súa obra, na que fai alusión ao santuario de San Treeçon, deduciuse que foi orixinario da zona de Tui, onde venerábase a este santo naquela época.

Obra É autor dunha cantiga de amigo, sobre o santuario de San Treeçon, pertencente ao subxénero de cantigas de romaría.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia