Martin Campina é un xograr galego ou portugués do século XIII.
Traxectoria Non se conservan datos biográficos, as súas 2 cantigas tampouco conteñen alusións biográficas nin xeográficas para determinar a súa procedencia. Campina pode ser o seu apelido ou tamén o seu lugar de procedencia, sendo un topónimo existente tanto en Galicia como en Portugal. Puido estar activo entre 1240 e 1280.
Obra Consérvanse dúas cantigas de amigo, recollidas no cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa e no cancioneiro da Biblioteca Vaticana.
Notas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Literatura galega medieval Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia