Nicole Le Douarin, nada en Lorient o 20 de agosto de 1930, é unha investigadora francesa en bioloxía e embrioloxía.

Traxectoria Licenciada en ciencias naturais e doutorada no 1964, comezou a súa carreira como mestra entre 1954 e 1960. Investigadora no CNRS nos anos 1960-1965 e máis tarde catedrática até 1971, foi seguidamente profesora titular dunha cátedra na Universidade de Nantes.

Directora do Instituto de embrioloxía do CNRS e do Colexio de Francia (1975), foi ascendida a directora do Instituto (1976-1988) e logo profesora do Colexio de Francia. Recibiu a rara honra de ser elixida membro da National Academy of Sciences americana.

Hoxe en día é profesora de honra do Colexio de Francia e secretaria perpetua da Academia das Ciencias Francesa. Nicole Le Douarin ten recibido moitos premios e honras, como o premio da Academia das Ciencias en 1965 e a Medalla de Ouro do CNRS en 1986. Nomeada membro estranxeiro da Royal Society en 1989, dende o 2004 pertence ao «Conseil de surveillance de la Fondation pour l'innovation politique» e da Academia Pontificia das Ciencias.

Contribucións científicas A área de investigación de Nicole Le Douarin é a embrioloxía e o desenvolvemento fetal. Contribuíu dun xeito importante á mellor comprensión da formación da crista neural, co desenvolvemento en 1969 dunha técnica orixinal de visualización da diferenciación e migración dos polos de paspallás. Esta aproximación permitiu avances cruciais no coñecemento dos sistemas nerviosos e inmunolóxicos e supúxolle un recoñecemento científico internacional.

Véxase tamén Ligazóns externas Dr. Le Douarin videos of chick-quail embryos at Developmental Biology Online Homenaxe á Dr. Le Douarin por Lewis Wolpert

Categoría:Biólogos de Francia Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Lorient Categoría:Profesores da Universidade de Nantes Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid