1111 (MCXI) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario xuliano, en vigor naquela data.
Acontecementos miniatura|260x260px|Inscrición "ANFUS REX", na fachada das pratarías da Catedral de Compostela, realizada para sinalar a coroación no 1111 de Afonso VII como rei de Galiza.
Xaneiro: A irmandade de cabaleiros galegos partidaria da raíña Urraca pon baixo asedio o príncipe Afonso Raimúndez e á súa aia Maior Guntroda na fortaleza de Castrelo do Miño. Xaneiro: Arias Pérez, líder dos partidarios de Urraca, captura mediante engano á condesa de Traba e o seu protexido Afonso Raimúndez. Xelmírez tamén e retido brevemente . Xaneiro: Pedro Froilaz e Xelmírez entrevístanse no río Tambre. Xelmírez achégase ao partido do infante Afonso. Envían legados para facer a paz con Urraca. Xaneiro: Urraca, desamigada con Henrique de Borgoña e, novamente, co seu marido Afonso de Aragón, acepta compartir a coroa co seu fillo Afonso Raimúndez. Xaneiro: Arias Pérez libera o príncipe Afonso, á condesa Guntroda e os seus fillos. Pedro Froilaz e Xelmírez danlle garantías de renunciar á vinganza. 30 de xuño - Munia Froilaz, da casa de Traba, funda o Mosteiro de San Salvador de Pedroso en Narón. 17 de setembro: Pedro Froilaz e o bispo Xelmírez coroan rei de Galiza a Afonso Raimúndez na Catedral de Compostela. Outubro: Os burgueses de Lugo, partidarios de Afonso I de Aragón, entregan a cidade a Pedro Froilaz e Xelmírez. Outubro: Batalla de Viadangos: Após coroaren rei a Afonso VII en Compostela, os nobres galegos tentan coroalo tamén en León sendo interceptados e derrotados por Afonso I de Aragón na vila de Viadangos (Villadangos). Outubro: Pedro Froilaz é capturado na batalla de Viadangos. Diego Xelmírez foxe co rei-neno Afonso e entrégallo á súa nai Urraca no castelo do Orcellón (na Castela ourensá)
Europa
13 de abril - Coroamento de Henrique V do Sacro Imperio Romano Xermánico
Nacementos Afonso Henriques, fundador do reino de Portugal (m. 1185).
Mortes Outubro: O conde Fernando García, na batalla de Viadangos. Abu Hamid Ghazali, coñecido en Occidente como Algazel e Abuhamet, filósofo e teólogo musulmán (n. 1058). 5 de outubro - Roberto II, conde de Flandres (n. c. 1065).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1111